Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, marzo 06, 2006

O mercado provisional, ó San Martiño


Onte, El Diario de Bergantiños ofrecía unha primicia sobre o proxecto de parking-centro comercial da praza do Concello. Aínda que todavía non se abriu a única oferta presentada, Manuel Andrade adiantaba que a localización escollida para montar o mercado provisional vai ser o parque do San Martiño.

A outra opción posible era a antiga estación de autobuses, pero, tal e como explicou o tenente de alcalde, a única empresa que se presentou, Surtiser Aparcamentos y Servicios, optou polo terreo situado xunto ó parque do San Martiño. Polo que temos lido e oído, os placeiros preferían mellor a vella estación, así que está por ver cómo se vai aceptar esta decisión.

O que máis chama a atención é que un representante político desvele ós medios de comunicación o contido dunha oferta que aínda non é pública, nin teóricamente coñecida por ninguén máis que por quen a fixo. Pero en fin, como neste asunto, cunha sola oferta, “todo queda en casa”…

Polo demais, a oferta en cuestión debería abrirse en breve, e inmediatamente resolver o concurso, dándolle a concesión, ou declarándoo deserto. Segundo Andrade todo isto vai suceder coa maior rapidez posible. Seguiremos atentos. Non se perdan o próximo capítulo.



3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Y a mí que este tema me sonaba de haberlo oído en la radio, o así.
Buscando, buscando... et voilà!

http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=4108282&lnk=MERCADO,SIMILAR,ELVINHA,PLACEROS,CARBALLO,124


¡Y en septiembre! Este Andrade...
De todos modos, felicidades por la incuestionable «primicia».
(¡Este Andrade..!)

6/3/06 15:29

 
Anonymous Anónimo said...

Eu lin a noticia e en ningún momento o periódico dí que sexa unha primicia nin se dan autobombo, eso o dí carballodixital, será porque como moita xente, incluido eu, non o sabían. A noticia di que os datos non trascenderan, e eu podo asegurar que a nivel popular non trascendera demasiado porque non todo o mundo escoita o programa de Radio Voz . Algúns porque a esa hora non poden, pero eu particularmente porque para mín é completamente aburrido e insufrible. É unha pena que a radio na zona non teña ningunha alternativa.

7/3/06 13:12

 
Anonymous Anónimo said...

Eso, al San Martiño. Así jodemos otro parking público ocupándolo con puestos, y aún habrá menos sitio para aparcar: ni Plaza ni San Martiño durante las obras... Esto es genial. Y de paso que hagan alguna otra obra detrás del casino, y nos vamos todos a aparcar a Bértoa. Entonces sí tendrá razón el Sr. Andrade: habrá ya, por fin y gracias a él, un problema de aparcamiento, que "solucionará" y "hará necesario" el parking del centro.
Si es que los lumbreras se notan...

11/3/06 11:36

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner