PP: os presupostos poñen de manifesto a división do goberno
O PP fixo a súa valoración do proxecto de presupostos do Concello de Carballo, que se debatirán o vindero luns día 13.
Nunha nota de prensa, o PP considera que “os presupostos poñen de manifesto a división do goberno”. A “ausencia de proxectos novos” e a “falta de transparencia” son os aspectos que para o PP definen estas contas.
De “documento para a galería, mais preocupado polo seu efecto nos medios de comunicación que polos verdadeiros problemas dos carballeses”, califican os populares o expediente. Con carácter xeral, acusan ó goberno de non ter “un proxecto definido, nin expresa[r] unha dirección cara onde avanzar no futuro. Os orzamentos non expoñen ningunha idea clara de cal é o modelo de cidade que propón o goberno tripartito.”
Xa entrando en materia,... o PP considera que os ingresos se aumentan “para poder xustificar un nivel de gasto que medra de xeito descontrolado”. Critican que volvan medrar os ingresos tributarios, “ignorando a experiencia dos dous anos anteriores, nos que a pesares do incremento da presión fiscal non se cumpliron as previsións feitas polo goberno.”
O PP xustifica esta crítica cos datos que figuran no Resumo da Liquidación dos Orzamentos, segundo os cales os ingresos presupostados no 2005 eran 17,12 millóns de euros, e os ingresos reais foron só de 15,8 millóns. Para o 2006 aínda se presuposta máis: 19,4 millóns de euros. A oposición achaca ese aumento de ingresos a “subvencións que nin sequera están pedidas oficialmente”.
Os populares critican tamén o incremento do nivel de gasto corriente, que “reflicte a ausencia de unha xestión rigurosa e eficiente, baseada en intereses de partido e na falta de transparencia”, e cita exemplos como as partidas de publicidade e propaganda, que "aumentan o 40 %".
Sobre a filosofía dos orzamentos, o Partido Popular califícaos de “continuístas, que deixan en evidencia a falta de proxecto común do groberno tripartito e consolidan o reparto dos cartos en función das cotas de poder de cada grupo.”
Entrando en partidas concretas, critican tamén que “as partidas para actividades de normalizacion lingüística son o doble dos de ´promocion de feiras´, o doble das de ´promocion turística´ ou 2.3 veces a de ´gastos diversos xuventude´”.
Acusan tamén o goberno de que “non se dotan recursos para poñer solución os problemas dos carballeses: a seguridade cidadán, o desenvolvemento urbano ou o abastecemento e saneamento integral do Concello.”
Como partidas concretas critican que “os recursos para infraestructuras viarias redúcense no 90%, os recursos para saneamento de agua redúcense no 84%, desaparecen do plan de investimentos programas que no ano 2005 se consideraban ´prioritarios pola gran demanda social´ e os recursos para o Plan de desenvolvemento rural redúcense no 200%”.
O PP finaliza o seu resumo coa acusación de que “o goberno non cumple ningunha das suas promesas: O Sr. Alcalde mantén o soldo do Sr.Andrade, pese a prometer que cobraría soio ata chegar a idade de xubilación. Destínanse 300.000 €, para o ano 2006, para a construcción do centro comercial da plaza, pese a que aseguraron que os carballeses non lles custaría nada.”
1 Comments:
tanta historia, e resulta que ao final para o PP o 97% do presuposto está ben feito, e so presenta enmendas`para o 3%
14/3/06 20:24
Publicar un comentario
<< Home