Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, marzo 17, 2006

Novidades nas Saíñas


Está visto que ultimamente as noticias frescas e as declaracións exclusivas dos gobernantes de Carballo (especialmente de Manuel Andrade) veñen no Diario de Bergantiños.

Onte tivemos noticia, logo de moito tempo sen saber nada do tema, do que pode pasar co destino do famoso Monte das Saíñas. Para os despistados: un espacio situado na Pedra do Sal, xusto a carón da praia, que algúns veciños consideraron que era seu, que dividiron en parcelas, cortando os camiños públicos que conducían á praia, e sobre o que pesa unha sentencia xudicial que obriga a desfacer esas obras, precisamente porque os camiños son públicos. O PP acusaba ó goberno de connivencia cos infractores, e o certo é que, ata agora, o goberno fixo a vista gorda: os camiños levan cortados 2 ou 3 anos, e non se ve ningunha intención por parte do tripartito de facer cumplir a sentencia.

Pois ben, cando todos dabamos o asunto por esquecido,... o Diario destapaba onte unhas declaracións do concelleiro de obras e urbanismo nas que advertía que o desenrolo do Plan Especial da Pedra do Sal podería poñer fin ó conflicto.

“Eses terreos hai que poñelos a disposición da Demarcación de Costas-explica el edil de Urbanismo carballés, Manuel Andrade- e logo haberá que discernir quen son os propietarios. En todo caso vai quedar o terreo non urbanizable”. Continua o Diario de Bergantiños coas explicacións de Andrade segundo as que o desenrolo do Plan estase a retrasar pola revisión do PXOM, pero que “dunha maneira ou doutra os terreos van a quedar a disposición de Costas”.

Ó parecer, o Plan Especial afecta a uns 250.000 m², e recolle tódolos proxectos da Demarcación de Costas para o litoral do Razo e Baldaio. Precisamente unha das actuacións do plan inclúe un aparcamento para máis de 1800 coches xusto no monte das Saíñas.

Dito esto, facémonos unhas preguntiñas en voz alta:

1- Con estes datos, non se comprende moi ben en qué medida o desenrolo do Plan pode solucionar o conflicto, se non aporta nada novo ó que xa estaba sentenciado, e tampouco parece que os veciños vaian agora a dicir que si a Costas cando antes dicían non ó Concello. ¿Tratarase de que o “marrón” o coma unha administración e non a outra?

2- ¿A qué solución se refire Andrade? ¿Vai pagar o Concello (imos pagar todos) a determinadas persoas ligadas ó goberno (á vista está que non actuou contra eles), para expropiar ou comprar terreos que son públicos (de todos) para poñelos a disposición de Costas? (Esto explicaría a pasividade municipal neste asunto)

3- En todo o que se refire ós proxectos e plans para actuar en Razo e Baldaio levamos tal cantidade de promesas, presentacións e anuncios, que non estaría mal que nos explicasen exactamente e polo miúdo qué previsións existen, canto costan, e en qué fase real están.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner