Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 21, 2006

Surfeando en Razo por internet


Seguimos achegando á nosa bitácora diversas páxinas web relacionadas con Carballo, e nesta ocasión tócalle a unha das mellores.

http://www.artsurfcamp.com/é a páxina dunha escola de surf e bodyboard situada na parroquia carballesa de Razo, un dos principais destinos surfeiros de Galicia e de España. O deseño é moderno e moi atractivo, ó máis puro estilo californiano, dende a “intro” á navegación polas diferentes opcións, sen que por elo resulte en absoluto complexo.

A completísima información que ofrece “Artsurfcamp” inclúe dende citas de filósofos gregos a aspectos máis concretos como...:

- Detalle dos cursos que se ofrecen e as súas tarifas, nas que ademais do surf e o bodyboard inclúense outras actividades coma o ioga.
- Instalacións da escola, que inclúen 4 habitacións compartidas con 2 baños, salón recreativo e comedor, ademais de zona axardinada para a práctica de todo tipo de deportes.
- Información individualizada e currículum de tódolos monitores.
- Galería fotográfica.
- Enlaces con diversas páxinas locais e surfeiras.

Xa sabedes, se vos gusta o mundo do surf ou queredes aprender a practicalo, tedes unha cita inescusable na rede, e na praia de Razo, no Artsurfcamp.



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Te poderia comentar muchisimas cosas de esa pagina web al puro estilo califormianos la cual no cumple las premisas basicas de una pagina web accesible para todo el mundo. Por cierto ¿un poco caro lo del cursito de surf?

22/3/06 03:05

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner