Fallados os premios do Padroado Fogar de Bergantiños
Como xa vos anunciamos, onte elexíronse ó carballés, bergantiñán e galego de 2005.
Alégranos moito saber que un dos premiados foi idea de Carballo Dixital, que o propuxemos. Referímonos ó Centro Social San Xoán Bautista (ó que, como é lóxico, votamos), que comparte o premio ó carballés do ano cos pilotos Juan Fernández Puga e Fran Gómez Pallas, que sen dúbida tamén o merecen.
Os outros premiados son As Cantareiras de Raigañas na categoría de Bergantiñán (nós votaramos ás Asociacións de Loita contra o Cancro) e, como galegos do ano, Neira Vilas e Carmen Avendaño, ex aequo (CD votou ó ex-futbolista Fran).
Noraboa a tódolos premiados.
2 Comments:
A verda e que hai que facer ben pouco para que che den o premio de carballes, se por ir o Dakar che dan o de carballes apaga e vamonos, vai merecementos fixo o rapaz.
20/3/06 21:24
Estou completamente dacordo, claro que carballeses ilustres por desgracia hai ben poucos. Nas outras categorías hai máis donde elixir e direi que para bergantiñán prefería o CRA de Ponteceso pola súa labor educativa. Pero claro, os premios nunca choven a gusto de todos.
21/3/06 13:51
Publicar un comentario
<< Home