Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 21, 2006

A Comisión Mixta de Xustiza propón a creación do terceiro xulgado para Carballo


A comisión mixta de Xustiza, composta por representantes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e da Xunta, acordou onte consensuar unha proposta para a creación de 5 novos xulgados en Galicia, que inclúen o terceiro xulgado de Primeira Instancia para Carballo.

Anque a Xunta non ten competencias sobre a planta xudicial, as recomendacións realizadas polas Comunidades Autónomas, sempre que vaian avaladas tamén polo respectivo Tribunal Superior de Xustiza, solen ser atendidas polo Ministerio de Xustiza.

Se o goberno central acepta a proposta, Jesús Souto, actual Presidente do TSXG, avanzou que a final de ano “sería normal” que estivesen funcionando os novos xulgados.

Para Jesús Souto, que aproveitou para despedirse do seu cargo para incorporarse ó Tribunal Supremo, a selección realizada “é a máis oportuna”.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner