Semana do libro e a lectura
Tal e como informa a web do Concello de Carballo e a prensa local, mañán domingo inaugúrase a primeira “Semana do libro e a lectura”, que estará presidida pola conselleria de Cultura, Ánxela Bugallo. En declaracións a RadioVoz, o alcalde carballés Evencio Ferrero alabou o “ambicioso” do programa, que se desenvolverá na segunda planta do Pazo da Cultura.
O que non sabemos, a tenor da noticia, é se estas actividades veñen a substituir a tradicional feira do libro trasladándoa ó Pazo da Cultura e dirixíndoa ós rapaces, ou vai ser complementaria (máis ben semella o segundo). De tódolos xeitos, na web tedes información polo miúdo de tódolas actividades e dos horarios en que se desenvolverán.
Tratándose dun fin tan positivo como fomentar a lectura, dende Carballo Dixital felicitamos ó Concello, apoiamos a celebración desta semana, e animamos a tódolos carballeses a participar.
Pero como non todo van ser flores,... gustaríanos pedirlles ós responsables municipais que lembren que estes actos, pagados cos impostos de todos, deben ir dirixidos a todos, especialmente cando se está falar da educación de nenos. E sen desbotar os méritos de Manuel María ou Xurxo Souto, queremos facer notar que en Galicia temos moitos outros artistas e escritores, tanto en galego coma en castelán, que non son nacionalistas de esquerdas. E neste tema chove sobre mollado.
8 Comments:
"sen desbotar os méritos de Manuel María ou Xurxo Souto"
Con Manuel María no me meto, pero... ¿¿méritos de Xurxo Souto??
Mal locutor, pésimo músico, patético cantante. ¿Y este tío va a dar una conferencia a los chavales sobre literatura y música?
Lo único que Xurxo Souto puede enseñar en cómo un "artista" mediocre puede montárselo estupendamente para ganarse la vida vivienda del cuento y del compadreo político.
Y mientras, la Banda y el Conservatorio municipales, que cuenta con profesionales excepcionales que llevan años trabajando en Carballo, están cada vez más olvidados y dejados de lado.
Sinceramente, me parece un escándalo.
2/4/06 17:18
Hai que ver canto vos custa recoñecer méritos ao goberno local, suades tinta china.
Primeiro, esa pulla (disfrazada de dúbida) de se substituirá ou non á feira do libro, a que ven? E que alguén deu a entender tal cousa?
E despois, claro, o dos libros está moi ben, salvo que os autores sexal algúns.
Ben, pois estiven alí, e hai libros en galego e castelán (case a partes iguais, de certo), e de un grande número de autores.
E si, malia que lles pese a moitos, Manuel María existiu, e ten o mérito de ser o poeta coa obra máis extensa da literatura galega e ademais, que é o que tamén vén a conto, escribiu diversas obras para nenos (en quen se centra moito toda a semana do libro, non en exclusiva, pero con especial incidencia). Ademais, dase a circunstancia de que é un poeta ao que acabamos de perder, razón engadida para que se lle faga un oco, sumado claro está ao seu innegable valor.
En fin, vese que ás veces, aínda que non queriades, tivestes que meter a noticia e recoñecer certo aplauso ao actual goberno. Tempo e traballo vos custou.
4/4/06 08:57
Non creo que ninguén lle estea negando o aplauso a Manuel María, e a Xurxo Souto, pois en fin. Pero estou de acordo en que case todos os actos culturais que se fan en Carballo van orientados cara ós nacionalistas. E eso non pode ser.
¿Acaso non temos tamén autores como Luisa Castro, Susana Fortes, ou Alfredo Conde? E en canto a falecidos non hai moito, nada menos que o poeta Valente, Torrente Ballester, ou o propio Camilo José Cela. Pero claro, estes non son da "Galiza"... e polo tanto non son de Dios. Xa dixera Paco Rodríguez que Cela "non pertencía á cultura galega". Qué pena de xente.
4/4/06 10:09
¿quién es Xurxo Souto?
Si es posible, que alguien cuelgue una pequeña biografía.
4/4/06 20:27
¿quién es Xurxo Souto?
Si es posible, que alguien cuelgue una pequeña biografía.
4/4/06 20:28
Sen comentarios. Refírese alguén á última actuación musical (o venres pasado, creo) dunha galega que canta en castelán, e que ademais foi promocionada no folleto como referente da actual música galega? Ou á próxima actuación sobre música relixiosa?
O que está claro son dúas cousas: moitos destas artistas agora presentes antes non os viamos, e a novidade sorprende, claro; e ademais eu supoño que a ninguén sorprenderá que un goberno nacionalista aposte polos creadores do país e en galego, ou si? Que temos logo no Concello, políticos ou xestores? Eu creo que é o máis lóxico. Quen non estea dacordo, que pelexe por outro goberno, como vos facedes, pero daí a extrañarvos da orientación da política cultural...
5/4/06 08:40
A novidade sorprende? Qué novidade?
Os artistas nacionalistas estiveron anos vivindo das subvencións do PP (basta ver todas as series que se empezaron a facer na TVG, por non falar do teatro), e despois poñíano a parir tódolos días. O único tío consecuente era o Manquiña, que pediu que se suprimiran as subvencións, a ver si así espabilaban.
Defendes a utilización política da cultura (manda carallo), e aínda te molesta que se critique? Se eso é así, a min que me borren dos impostos, e que llos cobren ós votantes do BNG, ¿ou non?
5/4/06 11:30
Os do PP foron moi listos engondando a esa pandilla de vividores del cuento e así lle luciu o pelo. E si non aprenderon, han ter uns anos para comprobar cómo se manipula o cotarro.
"A las pruebas me remito"
5/4/06 23:58
Publicar un comentario
<< Home