Acordos e desacordos polas peaxes
É que non sempre chove a gusto de todos. Semella que eliminar a peaxe dun tramo de autopista pode provocar malestares e recelos, incluso entre membros dos mesmos partidos que gobernan e que prometeran esa medida. Vexan se non as declaracións que Radio Líder e www.galiciadiario.com recollían onte de boca do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG: Lores dice que no “tiene nada que celebrar” por el acuerdo del peaje y advierte del coste económico que la gratuidad tendrá para Pontevedra. Touriño le pide "altura de miras" y "visión de país".
E xusto o mesmo día, lemos a nova de que o alcalde de Carballo espertou do seu letargo e ven de remitirlle á conselleira de Política Territorial unha carta na que solicita a retirada da peaxe. Nunca es tarde si la dicha es buena. Mais algúns pensamos que, se cadra, a mellor forma de acadar o obxectivo, no canto de anunciarlles ós medios que se mandou unha carta (que só diso se trata), será que don Evencio e don José Antonio se reúnan en privado con quen se teñen que reunir (don Emilio e don Anxo) e lles digan claramente o que lles teñen que dicir. Ou ben, directamente, que os dous partidos cumpran co que prometeron (tampouco é tanto pedir, ¿non?). Porque se para solucionar o problema da peaxe Quintana amosa o mesmo interese que demostrou para solucionarlle ó seu amigo Evencio a última crise do goberno carballés, seguro que temos vía libre en menos dunha semana.
Claro que, oíndo ó alcalde de Pontevedra, é difícil saber a qué carta quedarse.
Enlaces relacionados:
A Xunta suprime as peaxes de Rande e A Barcala mentres sube a de Carballo
1 Comments:
O Alcalde ó unico que se dedica e a "facer que fai".
A estas alturas quen pode creer que mandandarlle unha carta o presidente da xunta ou a conselleira sirve para algo.
Que pasa, ¿que o Presidente e a conselleira non saben que existe este problema? e ¿onde esta o VicePresidente, ese non ten nada que decir do asunto? Por qué o alcalde non lle manda cartas o seu xefe?
Ó unico que se dedica Evencio, agora que xa non lle fan falla as plataformas nen as pancartas para os votos,é a disimular e cartearse cos socialistas para sair no periodico e que non se lle poida botar na cara o vergoñento de non defender agora o mesmo que antes.
Coma sempre, facer electoralismo e escaquearse botandolle enriba o morto os "socios" sociatas. Menudo carota!!!
9/4/06 23:30
Publicar un comentario
<< Home