Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, abril 06, 2006

Continúa a campaña pola televisión dixital terrestre na Costa da Morte


Os nosos amigos de TDTnaCostadaMorte envíannos a seguinte nova:

Despois de 127 días de TDT en toda España, esta aínda non da sinais de vida na Costa da Morte e varias áreas de Galicia.

A web adicada a recolida de firmas para a implantación da TDT na comarca, www.TDTnaCostadaMorte.co.nr, sobrepasou xa as 1.000 sinaturas e continúa coa campaña.

Mario Rodríguez, cabecilla desta iniciativa ten xa marcada na axenda fecha para ser recibido pola Xunta de Galicia na que lle entregará as sinaturas recollidas ata o día de hoxe e plantearalle os motivos pola que a TDT é necesaria na nosa costa.

Na sua visita a Santiago... acompañarao o alcalde de Dumbría e presidente da asociación Neria, Xosé Manuel Pequeño, que se comprometeu a aportar axuda economica por parte do Concello de Dumbría para facilitar a implantación da TDT na zona.

Entre tanto, www.TDTnaCostadaMorte.co.nr continuará recollendo sinaturas.

Na web, podese visualizar, ademáis, unha reportaxe de 5 minutos de duración sobre a TDT na nosa zona que a Televisión de Galicia emitiu o dia 1 de Abril do 2006.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner