Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, abril 06, 2006

Eliminará La Voz edicións locais?


Lendo o confidencial de Galicia Diario, enterámonos dun rumor que di que La Voz de Galicia eliminará case a metade das súas edicións locais, que poderían quedar en 7, desde as 12 actuais (sen contar Vigo e Madrid). O motivo sería que, segundo o presidente e editor da La Voz, Santiago Rey, “las ediciones no están funcionando”.

O certo é que non lle damos moita credibilidade ó rumor. Non cremos que La Voz se desfaga dunha das fontes principais do seu negocio: publicidade local (empresarial e institucional), gran número de lectores, etc.. O que si cremos posible é que se reduzan plantillas, posto que algunhas edicións teñen ata 10 redactores, e as contas non saen.

Esperemos que esto non afecte á edición de Carballo, porque cantos máis medios de comunicación haxa, mellor.



6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Danos a vida ter o Diario de Bergantiños pois ibamos dados coas boas noticias da Voz. Seguro que non poñen as cousas malas por ternos mais contentos. Non é para facerlle a pelota ó alcalde, non sexades mal pensados, ho

6/4/06 22:53

 
Anonymous Anónimo said...

Pensar que en plenas eleccións andiveron prometendo autovia gratuita, e agora fanse os suecos.
Supoñemos que en poucas datas volverase a reuni-la Plataforma Pola Autovia Gratuita, para acordar movilización, ¿Ou agora non interesa?

8/4/06 20:55

 
Anonymous Anónimo said...

Quién anduvo prometiendo autovía gratuita?? La Voz de Galicia??

10/4/06 11:18

 
Anonymous Anónimo said...

Home, la Voz directamente non, pero se queres ilustrarte podes acceder a un artigo que Carballo Dixital incorpora á noticia "MAÑÁN SUBE A PEAXE (QUÉ RARO)" alí comprobarás cómo falaba Marisol Soneira da subida da peaxe, a inexistencia dunha vía alternativa e unha serie de cousiñas que lle tiña que ter contadas á sua Conselleira e así, esta señora, evitaría as paridas que lle contou este domingo ós que lle quixeron oír e publicar os seus comentarios (la Voz evitouno porque lle debíu parecer demasié pal bodi). Se queredes ler as "perlas" da coselleira, La Opinión domingo 9 de abril.¡qué lástima ter que comparar varios xornais para estar ó tanto!

10/4/06 20:03

 
Anonymous Anónimo said...

Por min, poden pechar a porta manán mismo.

11/4/06 11:26

 
Anonymous Anónimo said...

Cada vez que un medio morre, morre un pouquiño da liberdade de expresión. Non é boa nova que a actualidade de calquera sitio recaia só nun periódico. Era malo cando a Voz estaba soa en Carballo. Pero tamén será malo se só queda o DIario de Bergantiños. Pluralidade por riba de todo. E logo cada un que os lea, ou non. Ou que os poña verdes. Ou que incluso esté de acordo co que digan. Pero que sigan aí. A pluralidade de medios é boa saúde para a democracia.

12/4/06 18:13

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner