Pongamos que hablo... de Madrid
Atención á noticia aparecida onte na Voz de Galicia, páxina 9, porque hai novidades sobre o tema da peaxe. ¿Que a quitan? Non oh, non sexan inxenuos, pero polo menos parece que xa sabemos quén o culpable, e xa non é a Xunta bipartita PP-PSOE. Destacamos estas frases:
El BNG exige a sus socios de Gobierno la gratuidad de la autovía de Carballo.
El portavoz nacionalista opina que Madrid debe devolver el dinero de la privatización.
El portavoz nacionalista criticó la postura del PP en este asunto: “os que provocaron este problema e provocaron que o Goberno actual o herdase, queren aparecer agora como os salvadores…”.
El BNG no pretende “poñelle deberes” a su socio en el bipartito, sino...
...“alentar ao conxunto do Goberno galego para que esixa ao Goberno do Estado o pagamento da débeda histórica”.
Unha curiosidade: a redacción de La Voz toma a molestia de recordar as palabras do ex conselleiro Cuiña prometendo a gratuidade da peaxe, mentres que se olvida das palabras de Anxo Quintana ou do propio Aymerich en campaña electoral prometendo que coa derrota do PP (é dicir, votándolles a eles), a autovía sería gratuíta.
Pois xa ben, o BNG perdoa agora ós seus socios de goberno, Touriño e Caride, e descubre, 15 anos máis tarde, ó malo da película. Porque, á fin e ó cabo, semella que esto é coma as novelas de Agatha Christie, onde, despois de moitas voltas, o asasino sempre era o mordomo. ¿Que se trata dunha autopista 100% autonómica? ¿Que só ten 30 Km? ¿Que ata agora ninguén falara do goberno central? ¿Que fora unha promesa de BNG e PSOE na campaña autonómica? Tanto ten, se algo vai mal, sempre nos quedará España e os "malvados" madrileños para botarlles as culpas. Eles son os que nos cobran a peaxe e os que “mexan por nós”. E punto.
1 Comments:
Estes do benegá son cojonudos, sempre atopan a quén botarlle as culpas!!
A democracia tería que inventar unha nova categoría de partidos: os que xogan na división de botar balóns fora, sempre facendo oposición e encabronando o patio. Se queren ilustrarse que lle pregunten ós nacionalistas galegos, os "bós e xenerosos", espertos en propaganda e na arte de predicar sin dar trigo. Imos aviados.
15/4/06 01:18
Publicar un comentario
<< Home