Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, abril 14, 2006

Novo capítulo sobre as taxas da feira da Milagrosa


O PP de Carballo remítenos outra nota de prensa sobre este polémico asunto. Desta volta ven motivada pola resposta que os servicios técnicos do Concello deron por escrito ás preguntas dos populares.

O PP volve a destacar que o cobro de taxas na feira da Milagrosa “faise de xeito irregular e sen ningún tipo de control municipal”, e que “co coñecemento, e a autorizacion do Alcalde, estánse a cobrar tasas municipais por un particular sen nengunha vinculación legal co Concello, e sen que os cartos recadados se ingresen nas arcas municipais”.

Segundo a información que se lle facilitou ó PP polos servizos municipais...

confírmase que “dende o mes de xunio de 2005 non existe ningunha vinculación entre o Concello e o “cobrador”. Que non se ingresaron no concello as tasas recadadas polo cobrador dende que non é concesionario municipal. E que non se presentaron nin pagaron, ata o dia de onte , ningun tipo de facturas para retribuir ese “presunto” servicio.”

Engaden que a situación é todavía máis grave ó comprobar que “é a mesma persoa a que agora cobra as tasas a quén o goberno municipal rescatoulle a concesión municipal porque non cumplia coas suas obrigas de pago do canón correspondente”. Ademais afirman a esta persoa se lle permite realiza ese cobro, mesmo con “colaboración da forza pública”.

Os populares acusan ó alcalde de volver a mentir ós carballeses ó verse “sorprendido en outra irregularidade”, e tentar ocultar o “desastre de xestión de este goberno e o absoluto descontrol na administración dos impostos de todos”. Por este motivo esíxenlle ó alcalde que dea explicacions sobre “onde van a parar todas as tasas cobradas dende o rescate da concesión, cales son e onde están as facturas que dixo que se lle pagan o “cobrador” e que medidas vai a tomar para controlar esta situación”.

2 Comments:

Anonymous marchando una de carotas said...

Afortunadamente vamos teniendo datos del cobrador misterioso. La Voz ya le puso "rostro" al policía recaudador. Ahora el Sr. Alcalde pone la "jeta" y dice que no sabe donde está el dinero. Empieza a parecer el misterio de la cripta embrujada.
Y yo me pregunto:
¿con qué "cara" se presentan un vecino cualquiera y un policía municipal a cobrarle a unos vendedores ambulantes sin que nadie les haya autorizado a hacerlo?
¿qué le cobran?
¿la utilización del suelo público?
¿dónde meten lo recaudado?
¿en el fondo del mar?
¿quién le paga las horas del domingo por la mañana al municipal?

Esto es tan inverosímil que lo único que se me ocurre es que haya un error: el policía no es tal sino alguien a quien se le olvidó quitarse el disfraz de carnaval. Y el cobrador no es un vecino cualquiera sino el propietario de los terrenos donde se asientan los ambulantes. Algo parecido a aquel paisano que cobraba 100 pesetas por dejarnos aparcar en una leira de su propiedad al lado del campo de la fiesta o romería ¡qué tiempos aquellos y qué malpensados estos del pp!

15/4/06 01:34

 
Anonymous o nunca visto said...

Tendes que colgar as declaracións do Concelleiro Viña Patiño asumindo que é unha ilegalidade pero sin mala intención...¡inaudito!!!

Qué casualidade que cando hai que apagar o lume sempre saian os subalternos do psoe a botarlle un capote ó alcalde.¿Quén os aconsellará? Supoño que alguén que lle quere quitar o puesto ¡ son listos de carallo!

17/4/06 16:06

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner