Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, abril 17, 2006

Por oito millóns de euros


Esa é a cantidade que, segundo a deputada socialista Marisol Soneira, costaría cada ano liberar a peaxe da A-55.

Os datos saen dunha entrevista realizada por Radio Voz e que onte recollía en lugar destacado La Voz de Galicia, edición Carballo. Recomendamos que lean o artigo de principio a fin, porque non ten desperdicio por ningún lado, e que saquen vostedes as súas propias conclusións, sobre todo comparando coas anteriores declaración de Soneira, que xa rescatabamos da hemeroteca en post anteriores.

As nosas reflexións son as seguintes: a Administración dispón de 6 millóns de euros anuais para liberar as peaxes de Rande e A Barcala, pero non de 8 para liberar a A-55. Se para o BNG, os culpables son o PPdeG e o goberno de Madrid, para o PSdeG o culpable é o PPdeG. O PSOE acaba de descubrir que liberar unha peaxe costa cartos, e non é solamente unha cuestión de porque si. Marisol Soneira acaba de descubrir que hai outras prioridades antes que liberar a peaxe, por suposto porque llas deixou o PP. Todas estas cousas permaneceron misteriosamente ocultas durante os anos de oposición do PSOE, e ningúen reparou nelas á hora de facer promesas electorais.

Ó final vai resultar que facer gratuita a autovía non era cuestión dun simple puñado de euros, ¿ou si?



Enlaces anteriores:


Mañán sube a peaxe (qué raro)


A Xunta suprime as peaxes de Rande e A Barcala mentres sube a de Carballo

Case todos

Acordos e desacordos polas peaxes


3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿En qué estaría pensando Marisol Soneira cuando prometía autopista gratuita?
Resulta que ahora se acuerda de que los recursos son limitados, que mantener una autopista es muy costoso, que algunos vecinos nuestros están mucho peor. Además de recuperar la memoria se atreve incluso a decir que hay una carretera alternativa.
Cuesta trabajo digerir tanta demagogia.

Eso sí, por agravio comparativo no deberíamos consentir que el pretendido sentido común sólo se imponga en nuestra zona. Los argumentos esgrimidos para rescatar el peaje de Rande y A Barcala son perfectamente aplicables a nosotros. Igual que lo eran cuando nos pedían el voto prometiendo "montes e moreas".
Con este sistema mixto, pagamos nuestro peaje y el que se ahorran otros ¡y hasta ahí podíamos llegar !

17/4/06 15:42

 
Anonymous Anónimo said...

Pues hoy va Andrade y dice que como quitar el peaje es caro, hay que hacer una tercera vía A Coruña-Carballo. Claro, se conoce que esa carretera debe de hacerse gratis. Seríamos el único lugar del mundo conectado mediante 3 carreteras paralelas.

Menos promesas y un poco más de realismo, por favor, que no somos todos idiotas.

18/4/06 14:13

 
Anonymous Anónimo said...

Idiota no lo serás tú pero hay una chea dellos, que te cagas...

20/4/06 20:22

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner