Andrade returns
Vémonos na obriga de ampliar a información recollida no post anterior, porque esta mañá o propio Manuel Andrade ofreceu novamente unha desas inesquecibles entrevistas en Radio Voz (desas que botabamos un pouco de menos), afondando nas súas críticas ós seus socios e á Xunta de Galicia.
Como cabía esperar, a pregunta máis importante foi se esta nova pataleta poría en perigo o goberno tripartito de Carballo: “non, non, quero tranquilizar á poboación”. Menos mal, xa se estaban a ver ataques de pánico e histeria colectiva polas rúas ante a súa posible marcha.
Por suposto, houbo momento para falar... do retraso do tema do mercado de abastos, no que suliñou que o informe favorable da Xunta aínda non chegou por vía oficial (nós tiñamos entendido que si), pese á promesa nunha visita á vila de hai máis dun par meses. Tamén lembrou o retraso da 3ª fase da travesía, e aproveitou para lanzar a súa nova proposta estelar, unha nova estrada que conecte o porto exterior cos polígonos de Carballo e Laracha, “sen renunciar á supresión da peaxe”.
Entre as declaracións máis salientables de Andrade, destacou que o PSOE “estase a durmir”, que veía un exceso de “tecnócratas” e “universitarios” na Xunta, e que non veían os problemas reais de Carballo e de Galicia. Como exemplo citou que a Consellería de Medio Ambiente acaba de paralizar as obras de recuperación dos taludes en Razo (non o sabiamos). E sobre todo Andrade amosouse visiblemente molesto coa política da Xunta contra a “marbellización” da costa, porque “non ten nada que ver o norte co sur”, e engadiu que, vendo cómo se estaban a parar algunhas modificacións urbanísticas, o futuro de Carballo non se vía nada claro.
En resumen, que amenazo un pouco, pero non de todo. Que non me gusta a Xunta nin os meus socios, pero non estou disposto a renunciar ó meu posto. Eso si, non olviden que con Manuel Andrade de por medio, todo é posible.
Enlaces relacionados:
¿Crisis? ¿Qué crisis?
1 Comments:
Tiene gracia la portada de "El Cazador". Está claro que va por la segunda profesión de Andrade, pero puestos a buscar 3 pies al gato, recuerdo que la escena más famosa de la película era una escalofriante ruleta rusa entre 2 o 3 personas. Bueno, es solo un comentario sin malicia.
20/4/06 21:22
Publicar un comentario
<< Home