Lugares
Seguimos falando de fotografía, porque “Lugares” é o nome dunha exposición que nestas datas acolle o Pazo da Cultura de Carballo.
Trátase da obra de Adriana Suárez, unha rapaza carballesa que mostra a súa arte por primeira vez na nosa vila. Se na páxina de Xanela Galiza o obxectivo era o de mostrar imaxes da nosa terra dende a nosa terra, no caso de “Lugares” trátase de mostrar puntos de distintas cidades europeas, vistos polos ollos dunha galega.
As fotografías atópanse na sala de exposicións do Pazo da Cultura, e permanecerán a disposición dos visitantes ata o día 2 de maio. A hora de apertura son as 18:00.
(Por certo, na edición de hoxe de La Voz de Galicia aparece unha carta firmada por “unha carballesa” queixándose de que non é fácil acceder á exposición, de xeito que a pretendida difusión dos artistas locais se convirte “nunha quimera”)
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home