Coa mosca trala orella
Na prensa de hoxe, Andrade culpa á Xunta e pregúntase «se hai consignas» polo retraso do aparcamento:
Manuel Andrade se plantea «si es que no interesa, si hay que atrasar el proyecto, si existen consignas, ¿por qué ocurre esto?».
Un consello: o mellor é que llo pregunte ós seus socios de goberno (non sei..., un fax, un telegrama, un email, outra nota de prensa,...).
O medo é libre.
Enlaces relacionados:
Cinco y contando
1 Comments:
Na República de Pancho Villa había menos desmadre que no noso querido Carballo.
Definitivamente creo que van ter que sentarse "un anaquiño" estes señores do desgoverno en decidir dunha vez o que van facer.
De momento, e co visto bo do señor Evencio, temos un túnel no que están enterrados moitos cartos. Presuntamente fíxose para dar saída a un aparcamento e penso que non lle pediron permiso nin consello á Xunta. O tema está aparcado. Sin noticias. Plicas sin abrir. O alcalde caladiño. Non saben non contestan.
Non lin o periódico nin teño pensado pero, polo que vos decides, agora bótanlle as culpas á Xunta. Coma sempre. ¿alguén entende algo?
Nalgún comentario do blog dícese que non somos idiotas pero eu xa o dudo moito. Máis lles vale que sexamos un pouco lerdos porque o día que lle pidamos esplicacións...han ter moito que contar.
21/4/06 12:21
Publicar un comentario
<< Home