Blogoteca
Tal e como nos informou un lector anónimo, nos encontros “EnBlogs´06”, celebrados a semana pasada polo Consello da Cultura Galega, presentouse o primeiro sistema de creación de blogs desenvolvido en Galicia: http://www.blogoteca.com/
A motivo de que traiamos aquí esa nova é que o sistema é obra dunha empresa carballesa, Abertal Networks, S.L., que se sitúa así na vangarda en Galicia neste campo.
O servicio é gratuito e moi completo: admite personalizar o formato e as cores do blog, seleccionar posts destacados, ten arquivo, permite buscas dentro do blog, clasificar posts por categorías, etc.. Ademáis, pódese contactar co administrador (neste caso administradora) para resolver problemas técnicos.
Como únicas pegas, cabe salientar que Blogoteca.com se reserva o dereito a insertar publicidade nos blogs, así como que o dominio que proporcionan é de segundo nivel (dirección máis larga e difícil de recordar), do tipo http://www.blogoteca.com/títulodoblog.
10 Comments:
Pois home, alégrome pola idea, pero si eu quero ter unha páxina web ou un blog destes non me gustaría que nadie me metese publicidade, que ó mellor é de cousas que non me gustan ou coas que non estou de acordo. Ademais da a sensación de que outros se están lucrando co traballo gratuito do autor do blog. Paréceme un inconveniente grave. O da dirección máis larga non me parece un problema, mételo en "favoritos" e listo.
26/4/06 15:15
case case que eso xa estaba inventado e aparte estano metendo nun mercado saturado
Blogguer, Bitacoras, yahoo 360, MSN Spaces, La coctelera, zonalibre sen contar o uso dun xestor coma drupal, wordpress, php simple blog, se ofreceran algo muy muy bo eino de probar
27/4/06 01:21
Que haxa moitas opcións onde elexir non é malo, e pode haber un nicho de mercado para eles se ofrecen algo novo e ben feito.
27/4/06 09:59
pois calro qeu estaba inventado, listillo, pero eso que sempre decimos que algo feito aquí na beira da casa, qeu che poden dar unha asistencia tecnica, etc.
pidelle ti eso a Blogger, ademais proveino, e é moito máis sinxelo de manexar que calquera outro.
O que pasa e que en vez de valorar o que fai unha empresa de aquí, cos seus esforzos, poñendose á mesma altura que todos esos que comentas, nos vamos e decimos que xa estaba inventado, desprestixando a iniciativa, hai meu deus, así nos vai
27/4/06 11:42
mira campion xa lle din unha volta, o sistema en si non aporta nada novo o panorama das aplicacions e non e tan configurable como outros servicios.
Xa levo probado varios sistemas de CMS entre bitacorae, drupal, wordpress etc etc actualmente estou usando wordpress pero teño compañeiros que usan drupal.
1º o sistema non se pode mellorar por plugins
2º non encontrei ningun principio de filtros de bayes ou redes neuronais para a deteccion de spam
3º non podes cambiar o aspecto mais do que esta nas propias plantillas
4º non podes exportar os datos para ter unha copia de seguridade no teu pc
5º non podes importar os datos se tes pensado traer artigos dende unha conta de blogguer etc etc
6º insertanche publicidade
7º a interfaz de usuario e mellorable na zona de administración do blog
8º non tes soporte para sindicación en ATOM ou RSS inferior a 2.0
e esto so a botepronto, deseñar un CMS "Sistema Xestor de Contidos" podese facer en unha semana sen matarse moito, se sabes programar en calquera linguiaxe de programación.
27/4/06 12:17
pois con xente así de lista coma ti, é unha pena que cousas coma esta non sairan antes home,
a verdade é que hai moito talento desperdiciado, mecachis
27/4/06 13:53
perdoa pero estas cousas xa sairon antes "bitacorae usa programadores galegos","existe algun que outro CMS vaixo GNU escrito por galegos", e como e sabido ultimamente os sitios avanzan cara a creación de contidos usando os usuarios como monas para que chos metan. O mercado de CMS esta saturado e curiosamente por moito que fagas se non aportas nada novo utiliza unha solución xa existente, asi de facil.
Non e talento desperdiciado e sentido comun, Se queres tomamos un dia un cafe e douche unhas clases de enxeñeria do software e unhas pequenas nocions de analisis de software, Se o teu orgullo o permite claro, non porque o fagan o lado da tua casa significa que sexa a mellor solución para ti, ¿Ou cambiarias o teu coche por un Identity?
27/4/06 14:36
Eso, al pan, pan, y al vino, vino.
Y Zapatero a tus zapatos...
¿entendeches?
27/4/06 20:06
por suposto que si,
para min ten moito mais merito o Identity ese, e de este chaval pareceme a hostia, ten unhas pelotas como un mundo,
por supostoq ue cambiaría o meu coche por ese, e doulle por ben feito a este chaval qeu ainda habendo grandes casas que fan coches el decida sacar o seu,
todo depende do cristal con que se mira, agora ben amijo, a todo hai quen gaaaaanee, agradezoche esas clases que me ofreces, espero que a sobervia te deixe expresarte.
28/4/06 10:41
SOBERBIA, en castellano como en gallego, se escribe con B de burro.
Alguno pierde demasiado tiempo en política barata y no sabe ni escribir sin faltas de ortografía. Más escuela y menos comedura de tarro.
Los del blog, de paso que garantizan la moderación de comentarios podrían revisar las "patadas" de los comentaristas.
28/4/06 12:16
Publicar un comentario
<< Home