Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 02, 2006

Sentinazo


Hoxe temos que traer ó blog unha triste noticia relacionada coa limpeza das nosas costas. As moitas persoas que onte, nun día case de verán, se achegaron a desfrutar do 1º de maio nas nosas praias, atopáronse con que na de Razo unha bolas de graxa de importantes dimensións entorpecían o paseo.

Todo apunta a que se trata do enésimo “sentinazo”...que ocorre nos nosos mesmos fuciños, sen que poidamos velo, pero si con que poidamos sufrir as consecuencias. Para os que non frecuentan a costa, con esa palabra denomínase á limpeza que algúns barcos fan das súas bodegas, conduccións, etc, lanzado ó mar os productos resultantes, normalmente hidrocarburos. Por suposto, trátase dunha limpeza ilegal e castigada, pero é moi difícil coller ó energúmeno coas mans na masa.

Hai incluso quen di que a acción acumulada dos centos ou miles de “sentinazos” que vimos sufrindo dende hai anos ten un efecto comparable ou maior que o do Prestige, pese a espectacularidade deste último. Cando menos, quede aquí o noso berro de protesta e a nosa esixencia de xustiza.


2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Recoméndovos o seguinte blog "Mi vida como un chino" (http://www.bestiario.com/mvcuc/) dun tal Matías Bruñulf que empezou vivindo nun piso con seis chinos, que conta mil historias, cada unha máis rara ca outra e que agora fala de música, política, cine, arte e calquera outra que se lle ocurra. O blog parece que leva funcionando dende xaneiro do ano 2005 (xa ten certa historia na rede) e non para de sorprenderme espero que vos guste. Un saudo.

2/5/06 22:33

 
Anonymous Anónimo said...

Unha do que máis chama a atención dos colexios públicos é os espazos ao aire libre que normalmente adoitan ter.
Todos que vivimos en Carballo, na zona do colexio Bergantiños, vimos que ata tiña campo de futbol, pistas de balón cesto e espazos para facer un invernadero.
E que casualidade que os políticos no canto de comprar terreo para aloxar novos servizos, aos poucos coméronse ese espazo que facía a este colexio a envexa de todos.
Hoxe é o día máis triste para todos os veciños do barrio, no pouco espazo que queda van poñer unha escola infantil de 8 unidades. ¿que vai quedar para patio? ¿É que non poden comprar terreos para que o colexio teña os seus espazos libres de ladrillo?
Señora directora do CEIP Bergantiños, como se nota que vostede non é do barrio, nin ten fillos, como permite que os políticos sigan roubando ese terreo e énchenllo de formigón. Veciños do barrio non consintais que vos cambien a herba por formigón, políticos comprade terreo e non sigades utilizando terreo dun colexio, que serve de esparcimiento para todos os nenos, novos e vecindario.
¡¡Non máis ladrillo!! ¡¡queremos máis herba!!

8/5/06 18:06

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner