Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 03, 2006

Publicada no DOG a aprobación definitiva da modificación urbanística da Praza do Concello


Hoxe publicouse no D.O.G. unha Orde da Conselleira de Política Territorial, María José Caride, que aproba definitivamente a modificación puntual número 8 do PXOM do Concello de Carballo, na praza do Concello, que posibilitará a construcción do novo centro comercial e parking soterrado (de pago).

Segundo consta nos antecedentes do acordo, con data 30 de maio de 2005, o Pleno do concello acordou a aprobación inicial do expediente, que estivo exposto a información pública durante o prazo dun mes. Durante o dito trámite presentouse unha alegación. O 26 de xullo de 2005, o Pleno acordou a aprobación provisional. A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, na súa sesión do 8 de febreiro de 2006, emitiu informe favorable sobre a modificación (informe preceptivo, por afectar a modificaión a “terreos calificados como zonas verdes ou espacios libres públicos”, conforme ordea o artigo 94.4º da Lei 9/2002).

Segundo consta no D.O.G., contra esta Orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, polo que o prazo para recurrila remata o 4 de xullo de 2006.

Como explicaba o PP hai uns meses, a modificación aprobada supón que perderemos 830 m² de espazo público (zonas coloreadas en vermello nas fotos), superficie que ganará o centro comercial privado.

Pódese acceder ó texto do D.O.G. neste enlace.




1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿por qué será que desde el gobierno propagandístico que sufrimos todavía no hayan dicho nada de este proyecto?
Estoy realmente intrigado por oir su versión.

4/5/06 09:36

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner