Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 03, 2006

Continúa o cobrador da feira



O PP denuncia a través dun comunicado que "o goberno local admitiu o erro, pero persiste nunha irregularidade, ó non ter ningun control sobre o cobro das taxas pola ubicación dos postos na feira da Milagrosa."

Segundo o PP, "na ultima semana, con duas ferias consecutivas, o cobro das taxas voltou a producirse de xeito ilegal."

Para os populares, "o máis preocupante é que o Alcalde de Carballo segue sen explicar onde está o contrato que dixo que existía, onde estan as facturas do cobador ou cobradores e o mais importante ónde se ingresan os cartos que se recaudan.

Esta circunstancia pon de manifesto a súa incompetencia e contribúe a acentua-lo seu descrédito como xestor público, xa que son incapaces de xestionar correctamente o cobro dunha taxa.

Non é de recibo que esta situación se prolongue, sen ningún tipo de control por parte do goberno municipal, sen dar nengunha explicación e sen correxir o que o propio concelleiro de facenda recoñeceu que é irregular.

O Sr. Ferrero, outra volta mais, descuberto en unha ilegalidade, despois de culpar a oposición de “falta de ética” por denunciar os feitos, unha vez que se confirmou que mentía dá a calada por resposta. Como de cote, NIN UNHA MALA PALABRA NIN UNHA BOA ACCION."


Enlaces relacionados:

El PP denuncia un supuesto cobro irregular de tasas

Máis sobre o cobro de taxas no mercado do Campo da Feira

Novo capítulo sobre as taxas da feira da Milagrosa

Continúa a polémica polo escándalo das taxas do Campo da Feira

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

elogo, quen é o cobrador??
porque se lle pedimos explicacións o alcalde e non as da, porque non lle preguntamos diretamente a quen cobra??
supoño que non teredes ningun tipo de problema por publicar a sua identidade, ou si???

3/5/06 18:36

 
Blogger Carballo Dixital said...

Non coñecemos ó cobrador, pero non temos inconvinte ningún en publicar a súa identidade, se alguén nos informa.

3/5/06 19:25

 
Anonymous Anónimo said...

Esto de la feria de La Milagrosa es surrealista.
En cualquier caso no me parece importante saber quién es el que cobra pero sí otra serie de cuestiones:
¿cuánto cobra?
¿por qué?
¿acaso limpia despues la basura que se genera tras la feria? ¿dónde ingresa lo cobrado?
¿le mandó alguien ir o lo hace por su cuenta?
¿puedo yo cobrar 1 € a los que traten de aparcar alrededor de la plaza del ayuntamiento, por poner un ejemplo?

Esto es grave. Merecemos explicaciones serias, creo que las deben. En caso de seguir dando la callada por respuesta, el Partido Popular debería poner esto en conocimiento del juzgado.
Lástima que a los carballeses parezca importarles poco la credibilidad de sus gestores. ¿O será que ni se enteran?

4/5/06 06:33

 
Anonymous Anónimo said...

Voume poñer a cobrar a contribución nun chiringuito. Dareille recibos ós pagadores e fareille unha boa rebaixa. No paraiso fiscal de Carballo estamos vendo que calquera poder facer de todo. Total, preguntanlle ó alcalde onde están os cartos e non sabe ou non contesta. ¡Cojonudo!

4/5/06 09:44

 
Anonymous Anónimo said...

O problema non e de quen cobra senon de que paga sen preguntar que esta pagando ¿Non creedes?

8/5/06 23:35

 
Anonymous Anónimo said...

Tamén tes razon, pero non se pode xogar coa ignorancia ou boa vontade da xente.

10/5/06 22:56

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner