Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, mayo 04, 2006

Dous homes e un proxecto


“El alcalde presidirá la mesa de contratación del aparcamiento subterráneo carballés”. Titular de hoxe na Voz de Galicia, que probablemente sorprendeu a máis de un, sobre todo considerando, como se di na noticia, que “se trata de una medida excepcional, según explicó el concejal de Facenda, José Antonio Viña, derivada de la magnitud del proyecto, ya que el regidor no había participado hasta ahora en este tipo de procesos”.

O certo é que moitos pensabamos que o proxecto en cuestión era unha aposta persoal de Manuel Andrade que causaba certo malestar entre os seus socios de goberno, sobre todo despois dos resultados das enquisas realizadas nos medios de comunicación locais, que evidenciaron un rexeitamento maioritario á construcción dun novo centro comercial na Praza do Concello.

Sen embargo, Evencio Ferrero sempre apoiou públicamente a iniciativa, e ven de refrendalo simbólicamente con este xesto de presidir en persoa a mesa de contratación. ¿Será realmente así? ¿Será cuestión de manter as formas? Compre recordar que o concurso tamén pode ser declarado deserto…

A conclusión que nós sacamos desta noticia, e que de agora en diante non pode atribuirse o proxecto do parking-centro comercial a unha imposición de Andrade, senón a un proxecto común tanto de Andrade coma do propio Ferrero. En fin, que Dios los cría…


Enlaces relacionados:

Publicada no DOG a aprobación definitiva da modificación urbanística da Praza do Concello

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Só unha puntualización. Non sei se erra a Voz ou se o goberno anunciou algo que non é, pero no DOG de onte eu non atopei ningunha publicación referente á modificación puntual do PXOM necesaria para o novo mercado e parking.

4/5/06 13:14

 
Blogger Carballo Dixital said...

No post que publicamos onte ("Publicada no DOG a aprobación definitiva da modificación urbanística da Praza do Concello"), ó final tes un enlace á Orden publicada no DOG que aproba a modificación puntual do PXOM.

4/5/06 14:37

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner