Arte e política
A utilización política da arte e a cultura en Carballo é un tema que xa tratamos en máis dunha ocasión na nosa páxina e que ten suscitado debates interesantes. Onte, no Diario de Bergantiños aparecía unha reportaxe que volve a poñer de manifesto o que estamos a falar, a propósito da exposición “Maruxa Mallo. A transgresión feita muller”, composta de 22 reproduccións de obras desta gran pintora surrealista.
Nesta ocasión non queremos dar a nosa opinión, senón que simplemente imos reproducir parte do que as autoridades asistentes manifestaron ós medios de comunicación, e cada un que saque as súas conclusións: Para a directora do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luisa Bouza (BNG), a exposición "busca modelos na nosa historia de mulleres moi significativas que non aparecen nos textos escritos polos gañadores da guerra civil, que ademais eran homes." Esa idea, segundo o Diario, foi tamén recollida pola delegada de Benestar da Diputación, Margarida Vázquez (BNG).
Por último, gustaríanos destacar que esta exposición será obxecto de visita por parte de escolares (supoñemos que de primaria). E facemos unha nova pregunta, ¿onde rematan a educación e a cultura como tales, e onde empeza o seu uso político?
P.D.: O primeiro que sorprende é a traducción do nome. Esto daría para outro interesante debate. “Maruxa” Mallo sempre utilizou como nome artístico e é coñecida no mundo da pintura como “Maruja” Mallo, pero en fin... A ver cando organizan unha exposición sobre “Paulo” Picasso (que tamén viviu na Coruña un tempo), ou sobre “Xurxo” Braque; ou, xa postos, sobre o ferrolán Fernando Álvarez de "Soutomaior". (Vai ser que non, este último parece que non era moito da súa corda).
3 Comments:
Son as cousas dos "necionalistas"
5/5/06 10:32
pois estous dos NECIOnalistas hasta o carallo!
10/5/06 10:33
o que che queda amijo, seguiredes sufrindo mooooito tempo.
tenche que haber de todo jejejeje
11/5/06 19:03
Publicar un comentario
<< Home