Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, mayo 08, 2006

¡A liga EBA!


Apoteósico. O incrible colofón a unha tempada realmente gloriosa. Onte, o Xiria Calvo de baloncesto acadou, na fase de ascenso disputada en Navarra, e con case todo o público en contra, nada máis e nada menos que o ascenso á liga EBA.

Se queredes obter máis información sobre o equipo de baloncesto de Xiria, podedes acceder á súa páxina www.xiria.net sección de baloncesto, aínda que de bo seguro que en breve na nosa web veciña www.anosacosta.com habedes ter tódolos datos deportivos do evento.

Dende aquí, que non adoitamos ter o deporte como primeiro asunto, queremos felicitar ós rapaces de Xiria Basket, que, dende a humildade dun presuposto limitado, con esforzo, e cun traballo ben feito, teñen levado o nome da nosa vila ó máis alto.

Estamos orgullosos de vós. Disfrutádeo (e non temos dúbida de que o ides facer), porque o merecedes.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner