Álbumes
O certo é que nas últimas semanas dedicamos varios dos nosos artigos á fotografía nas nosas comarcas, pero pasárasenos por alto un ciclo de imaxes que pensamos que non ten menos mérito e que necesariamente hai que felicitar.
Estámonos a referir ó espléndido seguimento fotográfico que dende La Voz de Galicia de Carballo se fai á figura do noso alcalde, Evencio Ferrero. Sen ir máis lonxe, onte La Voz ofrecíanos unha impagable instatánea de portada co saúdo do alcalde ó nuncio do Papa desprazado a Carballo. Esta non é a primeira foto desta calidade, nin moito menos a mellor. Se facemos un repaso de hemeroteca poderemos atopar multitude de imaxes nas que se mostra a sorpredente habilidade, tanto do retratista coma do retratado, para inmortalizar as situacións máis complicadas en toda clase de actos.
Dende a nosa humilde posición queremos lanzar unha proposta para que o Concello e o xornal unan as súas forzas e, do mesmo xeito que se teñen feito exposicións coas caricaturas de Fraga, se programe unha exposición no Pazo da Cultura coas fotografías da traxectoria política de Evencio Ferrero. De seguro que tería un grande seguimento. Os nosos parabéns a todos.
19 Comments:
E logo non sabiades que acude ós actos e entrevistas con fotógrafo oficial, pagado polo concello?
8/5/06 11:58
pois claro amijos, e que é o ALCALDE,
ou aínda non vos dechedes de conta,
pois xa vades no tempo, e o q vos queda.
Por certo, o PP tamén ten o seu periodista oficial, por certo, pagado por quen?
8/5/06 13:33
Pois si que é o ALCALDE, pero é que cando aínda non era o ALCALDE, había outro ALCALDE que non levaba fotógrafo consigo. E, aínda sen ser ALCALDE, o que daquela non era ALCALDE saía en moitas máis fotos que o que si era ALCALDE (amais ALCALDE de verdade, gañando as elecións, non coma o de agora).
Vese que hai ALCALDES e ALCALDES, ou é que aínda non te deches de conta, porque xa vas no tempo.
8/5/06 18:15
Me recuerda mucho a Cecilia y una canción de mi época que decía algo así como :
"la novia en la boda, el niño en el bautizo y el muerto en el entierro, con tal de dejar su sello...El sábado arte y ensayo, el domingo a los caballos en los palcos del Real, los test de caridad..."
Vemos que este alcalde, que tanto criticaba al anterior por ir a entierros, le gana en ubicuidad por goleada. Ahora falta por saber qué tal se le da eso de gestionar, dirigir y, en definitiva, trabajar. Hay que hacer algo más que propaganda y relaciones públicas.
¡Ahí te quiero ver!
8/5/06 20:42
recordo certos gastos de representación que tiña un ALCALDE que agora non é ALCALDE, ¿E o ALCALDE fara o mesmo agora?.
un ALCALDE e un ALCALDE gañe as eleccions por maioria ou por consenso, sempre sera un ALCALDE e cobrara coma un ALCALDE e fara as cousas que fan os ALCALDES e tera que contratar servicios que necesita un ALCALDE que para algo e ALCALDE e co resto do seu EQUIPO ¿ou canto gastaba o concello de Carballo en tarifas de internet fai 30 anos? ¿e en semaforos?
8/5/06 23:32
Me ha parecido oportuno el artículo, pero creo que la foto de este domingo es bastante lógica y normal, porque se trataba de una recepción oficial a un personaje importante. Sin embargo hay otros casos mucho más claros de "obsesión".
Recomiendo a los lectores que busquen en la hemeroteca el número de la Voz del domingo anterior, 30 de abril. La noticia, principal de la edición Bergantiños, trata sobre unas mediciones y mejoras en la red de telefonía móvil (privada). A priori, poco o nada que ver con el Concello. Pero en esto acontece que el alcalde Evencio Ferrero, siempre preocupado por sus vecinos, ve que en la plaza hay un operario trabajando, y decide, espontánea y desinteresadamente, bajar a informarse...
Pues, ¡OH CASUALIDAD!, ni más ni menos que en ese punto, y en el escaso tiempo en que pudo estar departiendo con el técnico, allí había ¡UN FOTÓGRAFO de la Voz! que recogió el instante exacto en que Evencio muestra su disposición interpelando al hombre, que, pitillo en boca, lo mira con cara de no entender mucho. La noticia pasa a recoger las indicaciones que el técnico le da al propio alcalde, el pie de foto es "el alcalde se interesó por los trabajos...", y toda la noticia pasa a girar en torno a su persona.
¿Acaso esto no merece un PULLITZER?
8/5/06 23:35
Ánomo Evencio que cando estes se cabrean é que algo estas facendo ben,
9/5/06 10:51
"¿E o ALCALDE fara o mesmo agora?"
Non o sei, dimo ti, pero non me parece que o anterior levase unha vida de luxos, nin que este leva unha vida de ermitaño.
"¿ou canto gastaba o concello de Carballo en tarifas de internet fai 30 anos? ¿e en semaforos?"
Supoño que nada, pero por gastar en teléfono móvil hai apenas 12 anos, menudo lío que montaron algúns.
9/5/06 11:15
Este ALCALDE é coma o can do chiste: "total pao que fai, total pao que come..."
Traballa coma un mestre e cobra coma un mestre. O malo é o mogollón de cartos que lle custa ó mestre (e a todos nós) manter a todo o séquito que lle aguanta o sillón.
E él tan ledo sorindo cara os flashes que tan abraiadiño o teñen.
9/5/06 11:46
"Ánomo Evencio que cando estes se cabrean é que algo estas facendo ben"
Agora vai resultar que se o critican é porque o fai ben. O que hai que oir. Non se consola quen non quere.
9/5/06 12:07
O colmo foron dous dias seguidos do alcalde e a delegada de cultura departindo coa xerarquia eclesiastica ¡demasié!
9/5/06 23:20
Animo Evencio, de esto a bañarte no Anllóns cando rematen a tala do bosque hai un paso...¡viva o populismo! (igual che sacan na TVG no descanso dos Tonechos)
9/5/06 23:23
ladran luego cabalgamos
10/5/06 09:04
Máis que cabalgar eu penso que vos columpiades pero xa se sabe, "todo depende del cristal con que se mire" . A algún de vós fanvos falla lentes de aumento para non confundir a realidade dos feitos co que vos pensábades que ía dar de sí a "esperanza branca" que levábades presentando a alcalde durante os ultimos 25 anos. E ás probas me remito: ¿qué fai este alcalde? Dimo.
10/5/06 10:31
PROPAGANDA Y RELACIONES PUBLICAS, con lo que se cotiza ahora esto del marketing ¿te parece poco?
Solo le falta dar bendiciones "urbi et orbi" y, a este paso, no tardaremos en verlo...
10/5/06 21:38
e se che digo que en carballo o que sobran e un alcalde monicreque e fai falta un alcalde de verdade
10/5/06 23:53
ahi que mal o estades pasando, e ao contrario, outros estamos contentisimos, ledos e que non aguantamos dentro a nosa satisfacción con evencio,
haiche xente para todo, uns disfrutamos e outros comedes o xenio,
A vida eche asi,
cachis :-))))
11/5/06 12:15
Pues hombre, yo pensaba que lo normal es estar contento con la gestión de un alcalde, no con el hecho de que el cargo lo ocupe una persona determinada.
Si me das datos y resultados concretos de la gestión de Ferrero, podría compartir algo de tu alegría, pero la verdad es que no das ninguno.
Si criticar la gestión de un gobernante es "comer o xenio", pues en fin, tú mismo. Disfrútalo.
11/5/06 13:17
xa xa, estou disfrutando vendo como a xente me di que está encantada coa xestión de Evencio,
E tamén me din o perdido que estades os do PP, e por eso disfruto, a verdade e que estou absolutamente feliz, teño o ánimo polas nubes, a que son afortunado,
jejejeje
11/5/06 19:02
Publicar un comentario
<< Home