Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, mayo 15, 2006

Ideas-forza


O BNG de Carballo ven de facer balance dos seus tres anos á fronte do goberno local, nun acto que cabe entender coma o pistoletazo de saída de cara ás próximas eleccións municipais, xa que é o primeiro destas características que realiza no mandato.

Tal e como recollía onte a prensa local, Evencio Ferrero considerou que o seu grupo cumprira coa maior parte das súas promesas, tendo en conta o “plano estratéxico” co que se presentou no ano 2003, e mesmo nas “actuais circunstancias”, como se pode leer na pantalla da fotografía.

Ferrero falou do afianzamento de Carballo como cabeceira de comarca, e centro das infraestructuras, con exemplos como a “estrada de Carballo a Ordes, a de Caión, ou a de Buño”, así como a circunvalación, que xa está en proxecto.

Pero o máis destacable da intervención do alcalde carballés foi o acuñamento dun novo término político: as “ideas-forza”. Nesta categoría incluiu a Casa dos Oficios, o proxecto no litoral de Razo-Baldaio, a Vila de Negreira, o compromiso “histórico” do carril-bici a Razo, ou o proxecto de “humanización” do centro urbano (para entendernos, o famoso parking-centro comercial).

No mesmo acto, o BNG reiterou a súa “intención” de retirar a peaxe da A-55 e de acadar o hospital comarcal. Para rematar, Evencio destacou os resultados de Carballo Limpo, porque “non todo van ser obras”.

Invitamos ós nosos lectores a que analicen nos seus comentarios cales destes logros son obra do goberno tripartito, cales doutras administracións e partidos, cantos son realidades e cantos son promesas aínda por cumprir.

Qué mágoa que Ferrero non poidera falar de "feitos-forza".


11 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pues vamos a hacer un repasillo:

-Estrada de Ordes: obra de la Xunta gobernada por el PP, inaugurada bastante antes de las elecciones.
-Estrada de Caión: obra de la Diputación gobernada por el PP.
-Estrada de Buño: obra licitada e iniciada por la Xunta gobernada por el PP. Está en obras, y sin resolverse algunos problemas con los vecinos.
-Casa dos Oficios: obra del tripartito, impulsada por el BNG. Acumula un retraso considerable.
-Litoral Razo-Baldaio: obra de Costas, goberando por el PSOE. Solo es una pequeña parte del famoso plan Razo-Baldaio.
-Vila de Negreira: obra del tripartito, impulsada por el CDI. Lleva más de un año de retraso sobre lo anunciado. Es una parte de la calle, porque otra parte ya se abrió con el anterior gobierno del PP.
-Carril-bici a Razo: promesa "histórica" del BNG. No hay nada en marcha.
-Humanización del centro: las peatonalizaciones son cosa del anterior gobierno del PP (exceptuando el túnel, claro). En cuanto al parking subterráneo, proyecto de BNG y CDI, basta con ver lo que está pasando.
-Retirada del peaje de la autovía: promesa histórica del BNG. Incumplida.
-Hospital comarcal: promesa histórica del BNG. No hay nada.

En efecto, mucha "idea-forza" y, de momento, ningún "feito-forza". Y me temo que no va a haber muchos de aquí a un año.

15/5/06 20:37

 
Anonymous Anónimo said...

Carballo coma cabeceira de comarca:
1.- Estrada a Ordes: Xunta do PP
2.- Estrada a Caión: Deputación PP
3.- Estrada a Buño: Xunta do PP
4.- Circunvalación: ¿u-la? Andrade?

Ideas-forza: iso mesmo: ideas...
1.- Casa dos Oficios: ok, iniciada.
2.- Razo-Baldaio: proxecto de 1995-6.
3.- Vila de Negreira: veremos cómo queda (Andrade).
4.- Carril-bici ¿sideral ou virtual?
5.- Humanización ¿pelotazo?

Aquí non hai ningún feito de Evencio, tan só do PP e de Andrade, aínda que na foto saen pouco.
Corríxanme se estou errado.

16/5/06 09:25

 
Anonymous Anónimo said...

Non corrixo, ofrezo outro punto de vista (esta vez sen censuras, por favor)

1.-Alcalde e nova xunta: nova gardería
2.-Alcalde e nova xunta: novas instalacións e pabellóns deportivos en varios centros educativos
3.-Alcalde e nova xunta: desbloqueo do proxecto de mellora e Razo e numerosas melloras no litoral
4. Alcalde e nova xunta: circunvalación.
5. Alcalde e nova xunta: moitas, moitísimas hectáreas para o polígono de Bértoa.
5.- Alcalde e Concello: limpeza en todo Carballo, que estaba cheo de merda. Cunha suba de impostos mínima tendo en conta que hai que pagar ouro a Sogama (plan do PP)
6.- Carril bici: tempo ao tempo, Zamora non se fixo nunha hora

Moraleja: Hai melloras que non chaman tanto a atención, e outras que sí. Pero está claro que algo, algo, sí que se está facendo. Todo depende de con qué ollos o mires.

17/5/06 19:39

 
Anonymous Anónimo said...

Corrixo e solicito precisións:

1- "Alcalde e nova xunta: nova gardería". ¿Ónde está? Todo o que se fixo foi un concurso de ideas, e non hai cartos para construila. O que si fixo o actual alcalde foi dificultar e retrasar a gardería que deixou o anterior goberno.
2- "Alcalde e nova xunta: novas instalacións e pabellóns deportivos en varios centros educativos". ¿En cales? O Chorís non me vale, que ven do anterior goberno.
3- "Alcalde e nova xunta: desbloqueo do proxecto de mellora e Razo e numerosas melloras no litoral". Nin alcalde nin Xunta, as obras son de Costas (goberno central) e estiveron paradas pola Xunta.
4- "Alcalde e nova xunta: circunvalación". ¿Ónde está? Estase redactando o proxecto, xusto no mesmo punto onde a deixou o anterior goberno do PP.
5- "Alcalde e nova xunta: moitas, moitísimas hectáreas para o polígono de Bértoa". Firmouse un convenio para a ampliación, e parte desa ampliación xa estaba comprometida de antes no Plan Galicia.
6- "Alcalde e Concello: limpeza en todo Carballo, que estaba cheo de merda. Cunha suba de impostos mínima tendo en conta que hai que pagar ouro a Sogama (plan do PP)". Antes Carballo estaba cheo de merda e agora sei que está como los chorros del oro. Pois en fin, se ti es feliz pensando eso... E antes de subir os impostos do lixo xa estaba tamén Sogama, que si non lle gusta ó BNG, pode facer outro plan ¿ou non?
7- "Carril bici: tempo ao tempo, Zamora non se fixo nunha hora". Non é unha hora. Son 3 ANOS, e non teñen feito nin un triste proxecto. Por paciencia que non quede.

Home, supoño que algo sí que se está facendo, o que non teño claro e si é para ir cara adiante ou cara atrás. De tódolos xeitos, polos teus comentarios, apréciase que chega mellor a propaganda que a información.

18/5/06 09:37

 
Anonymous Anónimo said...

Levan razón tanto os dous primeiros comentarios coma o terceiro, se ben teño que matizar todos:
1.- Estrada a Caión: ¿por qué a parou a Deputación PSOE-BNG? Na Laracha goberna o PP...
2.- Desbloqueo de Razo-Baldaio: tan só é unha mínima parte do prometido a mediados dos 90, pero por algo se empeza... Ben.
3.- A circunvalación aínda é unha utopía: un papel sen compromiso financeiro algún.
4.- Centros educativos: carto da Xunta, e algún deles xa iniciado por Fraga. Pero ben.
5.- Limpeza: eso xa sona a coña. ¿non vives en Carballo? Da unha volta e verás que o de Carballolimpo é unha campaña de publicidade, non de limpeza. Aquí non limpa os solares nin as fachadas nin Dios, e non coñezo nin un só caso en que o Concello multase aos porcos...

De todos os xeitos, efectivamente, algo se vai facendo, ainda que, coma antes, paréceme moi pouco...

A ver se melloramos. As críticas deben levar a tomar medidas.

18/5/06 10:29

 
Anonymous Anónimo said...

Son de novo o post número 3. Igual co da limpeza falo da feira como me foi nela. O digo porque na miña zona non había contenedor. Chamei ó concello e ó día siguiente tiña un á porta, no lugar onde o debía haber. Antes para falar con calquera e presentar unha petición ou protesta era case como pedir audiencia co Papa e non ofrecían solucións. Tamén teño unha tenda e a recollida de lixo funcióname mellor agora.
E o da gardería, lede a prensa, vai ter cartos porque a Xunta os ten para facer unha rede de garderías e está incluida a de Carballo (O alcalde dixit, se o credes ou non xa e outro cantar).
O do polígono, a proposta do PP era de moitas menos hectáreas e estaba paralizada a ampliación ata o ano pasado, case, case.
E no dos colexios non me refiro ó Chorís (que se o fixo o PP ben por eles) senón tamén ao pabellón da Cristina e o do Parga Pondal.
E o da circunvalación, sí, non hai nada, vou confiar e esperar, que o acaban de anunciar.
Volvemos ao de sempre, cada un o ve cos seus ollos.

18/5/06 13:06

 
Anonymous Anónimo said...

CENTROS DE ENSINO
a quen queredes enganar,

cando falades de darse unha volta pola vila recoemndovos o que eu fixen,

Pasade polo Instituto e veredes como opeche está novo e o instituto recen pintado,

Despois ides ao Chorís e vedes as pistas polideportivas qeu Varela decía eran imposibles de facer, recordovos o follon coa dirección do centro

Vou ata o Parga Pondal e vexo o Pavillón completamente novo que creo qinda non se está usando

PAso polo colexio Bergantiños e está en obras toda a fachada que fai anos se reclamaba

Vou ata o colexio da Cristina e vexo un pavillón xusto na entrada que se fixo porque os rapaces nin tiñan un sitio pechado onde facer actividades,

Ben non sei si con cartos da xunta, con cartos do concello ou do ministerio, o que si sei e que foron as xestións destes tres anos, xa que antes nin siquera se anunciaran nas eleccións por parte do PP, que eso si que o fixo, anunciar multitude de obras que nunca se fixeron, como o de Razo Baldaio por certo, faime gracia cando din os do PP que era algo que xa eles tiñan pensado, estiveron ahí anos e anos e estes convencen a o ministerio nuns cuantos meses, eso si, cando o Ministerio pasou a mans do PSOE, antes nin gota para CArballo.

Eu comprendo que vos fastidie, xa que tendes dificil defender a vosa postura, polo emnos xa pasachedes a decir o de ALGO TERÁN QUE FACER, vindo de vos xa é un gran paso, pois eso, parece ser que algo están a facer, xa dirán os cidadáns dentro de un ano.

18/5/06 13:48

 
Anonymous Anónimo said...

Ahora puedes presentar una reclamación o protesta ¿antes no?
Ahora te solucionan algo inmediatamente??? ¿quién? Será que ahora son "tus" amigos y "te" asfaltan "tu" acera porque "tú" se lo pides.
Los funcionarios, que por cierto, son los que realmente trabajan, no han cambiado nada. Si vas al ayuntamiento y utilizas la vía ordinaria, esto es, un escrito solicitando cualquier mejora o formulando alguna queja, siempre vas a ser convenientemente atendido (ahora y siempre). Otra cosa es que quieras ir al despacho del Sr. Alcalde o de su Capitán a pedirle cualquier favor o conveniencia. Y ahí es donde me escama mucho que se muestren tan solícitos como cuentas ¿por qué será? Cheirame a porco queimado...

18/5/06 14:30

 
Anonymous Anónimo said...

Ó comentarista de "CENTROS DE ENSINO"

O arranxo do Instituto non ten nada que ver co Concello.

Dificilmente Varela puido dicir eso das pistas do Chorís, porque se fixeron gracias a el, que conseguiu os terreos e mailos cartos.

No resto dos casos, pois vale, son melloras, pero nada que ver co que o BNG nos leva prometido tódolos días.

Paréceme ben que te centres no Centros de Ensino, pero se te paras a ler a noticia, non falas nin da autovía, nin do hospital, nin das estradas, nin do porto deportivo, nin do parking subterráneo, nin do campo de golf, nin de todas esas marabillas que nos contan dende o alcaldía e non existen. Eu comprendo que che fastidie, xa que tes difícil defender a túa postura, pero polo menos xa pasaches a presentar como éxito o arranxo dunha fachada, que vindo de vós xa é un gran éxito. Xa decidirán os cidadáns, dende logo, pero que estean ben informados.

18/5/06 17:48

 
Anonymous Anónimo said...

Pois señores do PP

Agora respondese e rápido, e é algo que se escoita na rúa

"Agora podes ir ao concello que te atenden", "antes había que pedir unha audiencia", baixense á rúa señores e escoiten á xente.

O de "xa pasaches a presentar como éxito o arranxo dunha fachada", esta é unha frase antolóxica, xa lla podes ir a decir aos pais do colexio bergantiños, a ver que che din.

BEn, estades no voso papel, para eso esta é a web que é, e os que vimos aquí vimos para saber o que o PP vai a decir nas rolda de prensa dentro duns dias,

Xa que ou ben si sodes unha web moi influinte no PP ou sodes os mesmos, pero os resultados son os resultados, polo menos a min adiantadesme o que o PP vai a decir e eso está moi ben.

Grazas CD por existir,

ah, eu son o que o estou pasando xenial, e coas vosas respostas disfruto moitisimo,

ala, ata outra amijos

18/5/06 18:45

 
Blogger Carballo Dixital said...

Nos halagas al considerarnos tan influyentes.

(Mejor le iría al PP si actuara como pensamos nosotros que debiera hacerlo)


P.D.: Por cierto, se te ve el plumero (¿para qué quieres saber tú lo que va a decir el PP?)

18/5/06 19:06

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner