O PP tamén fai balance
Hai uns días era o alcalde o que se auto-poñía nota á súa xestión, calificándoa cun sobresaínte (¿e logo que esperabades?).
E agora é o PP o que analiza estes tres anos de goberno tripartito, e as súas conclusións, como é lóxico, non se parecen en nada á nota que se poñía Ferrero.
A oposición empeza por acusar ó alcalde de atribuirse méritos doutras administracións: "carretera de Caión, iniciada polo goberno do PP na diputación, da que non se sabe nada acerca da súa continuación; carretera de Buño (contratada polo anterior goberno do PP); Circunvalación (xa comprometida polo anterior goberno do PP); humanización do centro (que xa deixou en marcha o goberno municipal do PP, pero que o tripartito se encargou de xestionar pésimamente: C/Coruña e Hórreo); parque e zona deportiva do Chorís, obra do anterior goberno". Obras todas elas que o alcalde actual, sen embargo, se atribúe.
Cunha pizca de ironía, o PP recórdalle a Ferrero que se esqueciu de varios "éxitos", empezando polo que chama "falta de respeto á legalidade", poñendo numerosos exemplos:...
o Persoal:
* Arquitecto elexido nun proceso amañado,
* filtración de preguntas de exames ós seus afíns,
* Cambio de preguntas elaboradas por un técnico, sustituíndoas polas que trae un político do goberno
* a primeira vez que un opositor lle gana un xuizo ó Concello de Carballo por irregularidades no proceso de selección (feito inédito)
o Adxudicación a dedo do proxecto da Casa dos Oficios (163.000 euros), nun fraude claro, contra o informe expreso do Secretario municipal
o Situación das Saíñas (3 resolucións xudiciais que non se cumplen e promesas expresas que se leva o vento)
o Aprobación duns Estatutos do Padroado Deportivo que son ilegais, e o alcalde non ten empacho para recoñecer que son para favorecer a unha determinada persoa (e ademáis ponlle nome)
o Para non defender os intereses municipais e favorecer ós amigos, adóptanse acordos ilegais contra o informe do Secretario, e para xustificalos ampárase noutro informe do que é actual portavoz parlamentario do BNG
o Certificación ilegal, polo Alcalde, de obras das rúas do Hórreo e Coruña
o Edificación ilegal dun concelleiro do BNG, mirando para outro lado o goberno
o Traslado ilegal de facturas dun exercicio a outro, para reducir ficticiamente o endebedamento
o Cobro ilegal de taxas na feira da Milagrosa, durante un ano, sin saber onde están eses cartos
o Todo o proceso do parking-centro comercial.
* Empresa que colabora “desinteresadamente” para facer o estudio de viabilidade
* Modificación puntual da Praza do Concello considerando como zona comercial o xardín e as pistas
* Pliego de condicións que incumple a Lei de Contratos posto que delega a elaboración do anteproxecto no adxudicatario
En definitiva, fai o que lle da a gana e pisotea o dereito e os dereitos. É un goberno que se columpia na ilegalidade.
Segue acusando ó goberno de "favoritismo e sectarismo" no deporte e na cultura, en Facenda "o primeiro que fixeron foi subir os impostos", en Urbanismo, "despois de 3 anos, nin un so Polígono do PXOM desenvolvido", pero "100 millóns no burato da rúa Coruña, eso si."
Tamén critican a "incompetencia para xestionar o que outros lles deixamos feito", en alusión a varias obras e actuacións:
* Retrasos sucesivos das obras da 2ª Fase da Travesía
* Non se sabe nada da última fase da Travesía (ese goberno que tanto reclamaba e culpaba [pero non entregaba a documentación que tiña que entregar] cando gobernaba o PP na Xunta], agora esqueciuse por completo desta obra.
* Retrasos sucesivos das obras da Casa dos Oficios (Escola Taller que está perdendo o seu prestixio gracias a “excelente” xestión do tripartito)
* Paseo Fluvial e Férveda de Entrecruces: reducción do presuposto do Paseo fluvial e inicio das obras 3 anos despois de que xa deberan estar rematadas, sin nada que xustifique este retraso
* Burato na rúa Coruña onde hai enterrados 100 millóns, sen moitas expectativas, neste momento, de que vaian a servir para algo.
En resumo, para o PP "toda a súa actividade se reduce ó puramente mediático, salir en cantas máis fotos mellor. O certo é que, despois de 3 anos, non teñen nada que presentar ós cidadáns, salvo os 100 millóns enterrados na rúa Coruña. Non hai ningunha actuación relevante, e a xestión caracterízase pola incompetencia e o sectarismo. 3 ANOS DE INCOMPETENCIA, INOPERANCIA E MENTIRAS. E 3 ANOS DE AGARRARSE Ó SILLÓN CON UNLLAS E DENTES."
Enlaces relacionados:
Ideas-forza
2 Comments:
Eso é como o de: "Un marroquí rouba nunha tenda" en comparación con "Un xoven acusado de roubar nunha tenda". É difícil, moi difícil loitar contra eso. Cando eu estudiaba na Coruña coñecín a un rapaz ¡¡de Verín!!, as antípodas de Carballo en Galicia, e cando lle dixen "son fulanito de Carballo" me dixo automáticamente "¡terra de moinantes!". Batalla perdida, e menos se cada vez que hai un lío sale a bombo e platillo en todas partes (incluido na propia prensa local). Eso sí, eu non deixo de dicir de onde son, faltaría máis.
18/5/06 13:10
(O comentarista anterior equivocouse de post. Sen dúbida quería publicar o seu comentario no post titulado "... y échate a dormir")
18/5/06 13:24
Publicar un comentario
<< Home