Maioría absoluta
Esa é a aspiración do CDI-Terra Galega de Carballo, ou polo menos así o asegurou Manuel Andrade no última xuntanza de afiliados celebrada esta fin de semana. Parece que a negativa da Xunta ó porto deportivo de Razo ten cabreado e desatado toda a forza do tenente de alcalde carballés que, reverdecendo vellos laureles, tan pronto aspira a derrocar ó mesmísimo presidente da Xunta, coma a convertirse no partido hexemónico de Carballo.
Mesmo esta forza sobrehumana é compartida polos seus compañeiros de Terra Galega, tal e como recolle hoxe Galicia Diario. Segundo o xornal dixital o partido, que o alcalde de Narón califica coma nacionalista dun “amplo espectro de centro”, concorrerá ás municipais con 120 candidaturas en 32 concellos, e aspira a ser a chave da Deputación Provincial.
Como podemos ler, a principal forza de Terra Galega reside en Ourense, Ferrolterra e na Costa da Morte, onde conta con líderes recoñecidos coma Xan García Pouso e Manuel Andrade, e unha das súas primeiras propostas consiste na creación dunha nova Lei do Solo. Aínda que non se especifica, supoñemos que, por aquelo da coherencia ideolóxica, o programa electoral se completará con portos deportivos e rúas subterráneas en tódalas vilas galegas.
Enlaces relacionados:
Andrade empeza a soltar amarras
Terra galega
1 Comments:
Non vos riades, que vos cerra a weeeeeb cagando leches ou que vos creedes.
Si son capaces de decir que faran un golpe de goberno na xunta, derrocando o presi, non seran mais capaces de gobernar no concello (deus nos colla confesauuuus).
O problema e que ainda teñen xente que lles vota e creen nos seus proxetos, a esas persoas temos que enseñarlle a zoa deportiva da GRELA, ese gran centro creado para a practica de sabe deus que deporte.
22/5/06 20:16
Publicar un comentario
<< Home