O contacontos
Unha habitación no torreón dun vello castelo. Unha cálida fogueira acendida na chiminea. E ó seu pé, un inolvidable John Hurt convertido nunha especie de ancián hobbit, que se senta no seu cómodo sillón, toma un antigo libro, e fita á cámara con voz apacible. Así escomezaba cada sábado un novo conto, con personaxes mitolóxicos, aventuras extraordinarias, final feliz, e banquete de perdices. Que tempos os daquela televisión, tan distinta da de hoxe.
Mais o que si abunda no noso Carballo actual son os competidores do famoso contacontos. Non son hobbits, non viven en castelos, non teñen voz apacible, e os finais non sempre son felices (aínda que algún si que gusta de cazar perdices). Pero o que non se pode negar é que as historias son igual de imaxinativas e fantásticas, ou mesmo máis.
Esto ven co gallo de que despois do triste final dos contos titulados “O Fabuloso Parking e as Seis Empresas”, “Autovía Gratuita” ou “O Porto Deportivo”, Manuel Andrade ven de deleitarnos cun novo relato na edición de la Voz de Galicia de hoxe, titulado “Meteremos o Porto Deportivo no Plan Xeral”, que promete ser tan fantástico como a primera parte da saga.
Para os que gustan de deixarse levar pola fantasía e prefiren vivir nun mundo de fadas: non esquezades que isto, e o que de aquí poida sair, non é máis ca outro conto.
Enlaces relacionados:
Por mis pistolas
Cortina de humo
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home