Galegos coma ti
Parece que despois de anos de polémica, o Bloque Nacionalista Galego ven de aceptar que os galegos e fillos de galegos que viven no Uruguai son tamén galegos. Xa non son simples "bolsas de votos" ós que recorrer para gañar as eleccións (¿ou si?). Bueno, o caso é que nos congratulamos de que o Concello de Carballo e o seu alcalde acaben de asinar un convenio de colaboración co Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo.
Segundo informa La Voz, deste xeito o Concello pretende expresar o seu “compromiso coa mellora dos programas da entidade tendentes a reforzar a presenza e participación de Carballo e Bergantiños para contribuír na consolidación de estruturas sólidas na colectividade do exterior”. Xustamente, este Centro Social será unha das entidades ás que acudirá o outrora detractor das viaxes á emigración, Evencio Ferrero, na viaxe que realizará do 3 ó 10 de xuño.
Nós aproveitamos a ocasión para mandar un afectuoso saúdo dende Carballo ós moitos galegos que nos consta que nos siguen, tanto dende Uruguai coma dende Suíza, Brasil, Arxentina ou Alemaña, entre outros países (as estadísticas da páxina así o indican). Aquí tedes un portal á vosa disposición.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home