Elvis has left the building
Esta é unha das máis famosas frases da historia da música. Cando Elvis Pressley remataba un dos seus concertos, ou acudía a un plató de televisión, unha multitude de fans se agolpaba fronte ós accesos a camerinos para lograr o seu autógrafo ou simplemente tocar ou ver máis de preto ó “Rei do Rock”. Nese momento, ante o perigo da avalancha, sempre aparecía unha voz en off que anunciaba ós asistentes que “señoras e señores, Elvis abandonou o edificio”, para dese xeito calmar ós máis exaltados e botar para atrás ós curiosos.
Salvando as enormes distancias de protagonista e situación,... algo parecido debeu de pensar o alcalde carballés Evencio Ferrero a propósito da nova convocatoria para analizar a documentación presentada por Surtiser, o xoves día 1. Porque xustamente o venres 2 Evencio marcha cara a Uruguai para realizar unha xira, non de concertos, senón de toma de contacto coa comunidade carballesa do outro lado do charco.
En todo caso, a cita do xoves será de novo presidida por Ferrero, e non se trata precisamente dun plato de gusto. Máis ben, e como indicaba a semana pasada Xosé Manuel Lema, o goberno local tense metido nun calexón sen saída. Porque se non se otorga o contrato, o principal proxecto desta lexislatura quedará en nada, e os responsables municipais pasará a historia coma os primeiros que constrúen un túnel invisible, inaccesible, e que non sirve para nada. E se se otorga o contrato, as sospeitas sobre as circunstancias estrañas do proceso irán aínda a máis, e ameazarán con rebasar os límites municipais para converterse nun escándalo a maior escala.
Pero pase o que pase, ó día seguinte ó resultado da apertura, unha voz en off anunciará que “Evencio has left Carballo”, e terán que ser o seus colegas de goberno os que dean as explicacions pertinentes. Eso sí, parece ser que contaremos con información ó día da ruta polo Uruguai, xa que o propio alcalde prometeu que sería “con luz e taquígrafos”.
3 Comments:
Xa non me lembro das visitas do anterior alcalde pero, á vista do que publica La Voz, tiñan que ser de noite e feitas dun día pra outro co fin de que ninguén o soubera. Supoño que fletaría un Concorde pagado cos cartos dos carballeses. Do alto grado de conspiración cos urguaios terían noticia a CIA e o FBI.
Señores da Voz e do BNG (a mesma...é): non lles parece que non se pode facer tanta demagoxia sen ferir a intelixencia dos que estamos vendo as cousas desde fora???
Xa estades vendendo o leite antes de ordeñar á vaca. O señor Ferrero irá a Urguay pero será máis guai que ningún outro.
O guai do señor Evencio, tan integro como se ten, non vai ós votos (eso só o fan os do PP).
O guai do señor Evencio vai ver ós veciños, interesarse polas suas instalacións deportivas (ó mellor trae alguna idea para a sua concellería de deportes).
O guai do señor Evencio levará un fotógrafo do diario oficial de Carballo para que tome boa nota de toda a viaxe (por si os carballeses temos síndrome de abstinencia se non o vemos unha semana enteira).
Estaremos atentos a saber si o guai do señor Evencio supera o mono de fotos, baños de masas e discursos radiados ós que está afeito por estes lares. Esperemos que consiga "allende los mares" o mesmo nivel de populismo e medios serviles que tanto lle gusta ó guai do señor Evencio. Boa viaxe a Urguay, señor guai.
29/5/06 12:29
Estades equivocados, a reunión da mesa de contratación non é mañán, é o xoves día 1. E o alcalde marcha de viaxe o venres.
29/5/06 17:15
Tes razón, xa está correxido.
29/5/06 18:11
Publicar un comentario
<< Home