Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 31, 2006

A.P.T.C.M.


¿Apetéceche? Estas curiosas siglas corresponden á Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte, e traémola a colación porque acaba de celebrar eleccións, e o gañador foi un carballés, o edil do BNG e xerente de Abertal Comunicacións, Manuel Pan Collazo, tal e como informaba onte A Nosa Costa.

O novo presidente da APCTM manifestou que este ano sería decisivo para implantar o proxectado Patronato de Turismo da Costa da Morte, cun carácter “aglutinador” que permita ofertar un “producto turístico conxunto”.

A elección (31 votos contra 30, votando dúas veces un integrante da candidatura de Pan) non sentou especialmente ben ó seu antecesor no cargo, Manuel Canosa Casais, que en declaracións a Radio Líder se mostrou algo preocupado pola militancia política do novo presidente e dalgúns membros da directiva, “non vaia ser que se defendan máis os intereses dun partido que os intereses de todos”.

En todo caso, nós alegrámonos de que un carballés ocupe un posto relevante, e desexámoslle tódolos éxistos neste nova etapa. Por outra parte, semella que imos ter nova remodelación no goberno carballés (¿cantas van?) porque Manuel Pan anunciou que renunciaría como edil de Turismo, polo que un novo concelleiro entraría a formar parte da corporación.




0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner