Patata caliente
Hoxe despútase unha nova edición deste famoso xogo que popularizou na TVE Ramón García dentro do concurso do Gran Prix. Hoxe está previsto analizar a documentación presentada por Surtiser, para decidir se resulta agraciada co multimillonario contrato do parking-centro comercial, ou non.
O padriño de Vilarriba parece ser que é Manuel Andrade, e o padriño de Vilabaixo parece que Evencio Ferrero, e a competencia consiste en saber a cal dos dous lles estoupa a “patata” cando remate o tempo, que será está mesma maña. De feito, Evencio xa ten preparado un plan B, que consiste en saír mañá mesmo cara a Uruguai, para non ter que participar das consecuencias do estoupido. Moi hábil.
Manterémonos expectantes e informarémosvos en canto saibamos algo.
Enlaces relacionados:
Elvis has left the building
"Quien se arrima a buen surtidor, bien surtido será"
¿Chegou a súa hora?
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home