Risky Bussiness
Literalmente “Negocios arriscados”. Este é o título do primeiro grande éxito de Tom Cruise, unha comedia adolescente onde a actual superestrela de Hollywood interpretaba a un rapaz ó que os seus pais deixan a cargo da casa durante unha semana cando marchan de viaxe ó estranxeiro. Ante esta nova situación de liberdade, Tom adícase a facer todo aquelo que non podía en presencia dos seus proxenitores, dende organizar enormes festas, a contratar os servicios dunha “profesional” a domicilio (Rebecca de Mornay).
A película vennos ó pelo, porque algo así máis ou menos debe de sentir Manuel Andrade, agora que Evencio Ferrero o ten deixado ó mando na nave carballesa durante máis dunha semana, e xusto no momento crucial en que se debe decidir o futuro do parking-centro comercial da praza do Concello.
Xusto onte liamos na Voz de Galicia que a documentación do concurso xa foi remitida á Deputación para que fose examinada polos seus técnicos, e que a finais desta semana ou principios da próxima agárdase a contestación. E no caso de que se desbote a documentación de Surtiser, Andrade xa anunciou que pasaría a abrir un procedemento negociado (sen publicidade) contactando coas empresas que decida o Concello, para tentar aprobar a concesión dese xeito. Sexa coma fose, o alcalde en funcións asegurou que “a transparencia está garantizada”. Sendo a súa palabra, non o dubidamos.
Nestas circunstancias, non podemos evitar imaxinar a Manuel Andrade coma Tom Cruise, con gafas de sol, camisa, calzóns e calcetíns patinando polo despacho do alcalde e cantando en play-back aquelo de “I like that old time rock & roll...”.
Proba diso é que na reunión celebrada onte polos alcaldes de Bergantiños para tratar o problema da inseguridade, ante o estrambótico das propostas de Andrade, o alcalde de Laxe tivo que amenazar con abandonar a reunión (Diario de Bergantiños). Si es que lo dejan solo y ...
2 Comments:
Espero con ansiedade a chegada das eleccions municipais para ver cómo fan os do bloque para vender algunha cousa que tiveran feito por Carballo mentras gobernaron. A ver como fan sin mencionar a Andrade!! pra ben ou pra mal, sin Andrade non se tería movida unha palla.
8/6/06 10:10
Eu tamén pero pra ver se aclaramos dunha vez o panorama anormal que temos.
Por moito que traten de disimular, este trío mal avenido non nos leva a nada bó.
8/6/06 14:16
Publicar un comentario
<< Home