Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, junio 07, 2006

Festa do Basket


Infórmannos en A Nosa Costa de que o próximo sábado, a partir das 13:00, a sección de basket de Xiria vai celebrar unha festa no recinto da Cheda, para dar por clausurada a excepcional tempada deste ano, na que logrou o ascenso á liga EBA.

Agárdanse máis de 150 persoas, incluíndo xogadores de tódolos equipos, socios, aficionados, familiares e patrocinadores.

Por outra parte, o Xiria Basket está a levar a cabo unha campaña de captación de socios nun stand situado na alameda carballesa, que semella que leva bo ritmo.

Se queredes asistir, neste enlace tedes a información precisa.

Enlaces relacionados:

¡A liga EBA!

¿Discriminados?

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner