Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, junio 09, 2006

A vida ou morte


Onte foi outra desas xornadas gloriosas para a historia do periodismo. Manuel Andrade deixounos unha nova mostra da súa capacidade de comunicador, que hoxe recolle con todo detalle e como gran noticia La Voz de Galicia, edición Carballo.

O gran anuncio do alcalde en funcións carballés, que continúa a desfrutar da súa privilexiada soidade, foi que vai loitar polo porto deportivo de Razo “a vida ou morte” (sic). Non sabemos si cabe tomar as palabras en sentido literal. Pero o caso é que Andrade está seguro de que vai converter Razo nun referente en canto á navegación deportiva, mesmo cunha “gran proba de ámbito internacional”. E os de Valencia que se crían moi listos por organizar a “America’s Cup”... Claro que tampouco debe sorprender esta iniciativa en alguén que xa foi quen de facer navegable o río Anllóns (como se pode comprobar). Segundo Andrade a construcción do porto deportivo é prioritaria para promocionar actividades coma "o surf" ¿? ou "o salvamento" ¿?

Por suposto, tamén lembrou a idea de construir un campo de golf, anunciado como inminente hai xa máis de dous anos, e do que non oiramos falar nada dende xa hai un tempo. Pero a cousa non quedou só na costa, xa que Andrade tamén anunciou que a próxima semana farase público o avance do Plan Xeral en solo rústico, que inclúe (tomen nota): urbanización da Lagoa, área deportiva do Bosque, porto deportivo de Razo, hospital comarcal, ampliación de polígono industrial, circunvalación, campo de golf, e supoñemos que un sinfín de sorpresas máis.

Postos a ir sobrados, Andrade tamén lle dixo á Xunta de Galicia que si non é capaz de coidar do refuxio de Bértoa, que llo ceda ó Concello. «É unha vergonza que aquelo estea así -declaró el alcalde en funciones, Manuel Andrade, a raíz de la publicación en La Voz de un reportaje sobre el abandono del paraje-. Se non o queren que nolo cedan a nós, que nos comprometemos a mantelo».

En fin, que con personaxes coma este na política municipal, se alguén se aburre en Carballo é porque quere.



Nota: ás veces coinciden posts de varios administradores sobre o mesmo tema. É que Andrade da moito xogo.



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Polo menos Andrade fai cousas, ben ou mal. Si esperamos que as faga o incompetente de Evencio teríamos para un anaco.
Moito palique, moito do nunca visto, moita pólvora mollada, libro de firmas, acordos multilaterais co estranxeiro, estatuas de peixes, teatro, fotos e delegada de cultura ate aburrir. Das cousas de comer non se fala. El co sueldo de mestre asegurado para toda a vida ten abondo, e os fillos non lle choran. Os demáis xa podemos emigrar.
O dito, gracias a Andrade que lle salva un pouco a cara.

13/6/06 00:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner