Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, junio 10, 2006

Buddy Movie



As “buddy movies”, ou películas de colegas, son un xénero cinematográfico ampliamente explotado no cine norteamericano. Consisten en xuntar, por cousas do destino, a dúas personaxes en principio totalmente diferentes. Incluso opostos. Como resulta lóxico, a maior parte do tempo non se tragan. Ningún dos dous soporta a forma de ser e comportarse do compañeiro, repróchalle canto fai, e afirma ser moito millor ca el en todo. Pero, coma o roce fai o cariño, pouquiño a pouquiño comezan a verse de xeito distinto. E rematan, non só por levarse case que ben, senón que van adquirindo sen darse de conta moitos dos hábitos que antes non admitían. Así, en “Nada que perder”, Tim Robbins, un executivo acomodado da alta sociedade, aprendía a coñecer os barrios baixos e sobrevivir no difícil mundo do rateiro Martin Lawrence, e este aprendía que debía abandonar a súa vida por outra máis formal. Mais na realidade, o que se aprende non sempre son as virtudes, e moitas veces son os defectos...

Ven esto a conto da curiosa relación Evencio Ferrero-Manuel Andrade. Nos últimos tempos, temos visto cómo... o alcalde oficial adquiría comportamentos que ninguén se atrevería a atribuirlle hai só 3 anos (viaxe a Uruguay, concurso do parking-centro comercial a costa de zonas verdes, plazas de funcionario e obras adxudicadas "dixitalmente", etc). O que non coñecíamos era en qué influira o nacionalista no líder do CDI, e xa o sabemos.

Porque logo do éxito da escultura do peixe-potera-sardiña-batidora da rúa Ponte da Pedra, semella que nas próximas datas imos asistir á colocación de varias esculturas nas restantes rotondas da vila. Ferrero xa anunciara que a rotonda do polígono de Bértoa contaría cunha nova escultura de Manuel Facal (¿de quen se non?). E agora o alcalde en funcións, Manuel Andrade, anuncia que a rotonda provisional do cruce Gran Vía-Vázquez de Parga tamén terá a súa obra artística, unha vez estea consolidada: "... el diseño final incluirá algunos cambios, entre ellos [...] la instalación de un elemento decorativo simbólico ´porque é a entrada da Costa da Morte e algo hai que dicir´ (expresándose unha vez máis coa súa habitual profundidade). Tanto o nome do artista coma a temática da peza son aínda un misterio. Seguindo na mesma liña, na rotonda da rúa do Sol, un "escultor pontevedrés" (de nome aínda descoñecido) está a traballar no deseño da súa correspondente escultura, ó tempo que Andrade mostrou o seu compromiso a cambiar o sistema de chorros da glorieta da Ponte da Pedra para “realzar” ó peixe.

Non coñeciamos esta faceta artística do concelleiro de obras. Semella que a “buddy movie” dos dous gobernantes funciona, e así como Evencio Ferrero ten ido aprendendo (e aprehendendo) os métodos políticos de Manuel Andrade, este último ten ido absorvendo a preocupación que sempre destacou no BNG polo uso da imaxe e do mundo da cultura. Quen diría ámbalas cousas hai só 3 anos.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A Evencio no le queda más remedio que hablar bien de Andrade si quiere mantener el culo en el sillón. Además no le va del todo mal: mientras él viaja y hace relaciones públicas y sesiones fotográficas, el otro trabaja para todos. ¿Qué más puede pedir?

13/6/06 00:29

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner