Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, diciembre 04, 2006

Outra vaca máis no millo


O sábado pasado celebrouse no restaurante Aldeola, de Cerqueda (Malpica), a cena homenaxe que o Club Náutico de Malpica lle ofreciu á tripulación do Carpantxo.

Cerca de 60 persoas arrouparon ós regatistas, entre eles o alcalde malpicán, José Ramón Varela Rey, que tamén se sumou á homenaxe (coíncidía cunha cena do seu partido que se celebraba no salón contiguo do restaurante).

Na súa alocución, o rexedor explicou que ten iniciado as negociacións para que "Malpica conte cun porto deportivo en moi pouco tempo, se as condicións técnicas son favorables". Varela explicou que lle plantexou esta necesidade non só ó presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, senón tamén á Conselleira de Política Territorial e ó titular Presidencia, Méndez Romeu.

(Varela chega tarde: primeiro vai Razo, como é evidente).

Pois xa van tres: Caión, Razo e Malpica. Moi prometedor.



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

E non vos olvidedes de BAldaio, que Andrade tamén prometiu outro porto deportivo en BAldaio. ¿SEremos idiotas?

5/12/06 11:30

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner