Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, enero 31, 2007

Perdón televisado para o Hispano


Igual que na película de Ridley Scott, o gladiador Irisarri salvou a vida logo da batalla. Mais non porque o entusiasmado público o reclamase contra a vontade do emperador, senón porque os dous mandatarios locais tiñan opinións diferentes.

No pleno celebrado o pasado luns (e que onte puidemos ver en BERTV), a moción para solicitar a demisión do presidente de Portos de Galicia foi rexeitada cos votos a favor do CDI, en contra de BNG e PSOE, e coa abstención do PP.

O máis divertido da sesión, para aqueles que non a viron, foi a sorprendente facilidade con que alcalde e tenente de alcalde manteñen visións completamente opostas coma se do máis natural se tratase. Todo iso co sorriso e deleite do público “popular” que asistía ó evento. Dende CD felicitamos a iniciativa de televisar os plenos de Carballo. Certamente, ofrecen imaxes ben clarificadoras e explicativas de por qué suceden as cousas que suceden.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner