Marky Ramone
De pouco a pouco, o ambientillo musical-rockeiro vai medrando en Carballo. Sexa polo PopXiriaPop, por ideas coma "on the rocks", ou pola iniciativa dos hostaleiros locais, cada vez temos máis e máis interesantes concertos no nosos pubs. E un dos máis destacados animadores musicais da nosa cidade é o pub "La Reserva", que xa leva unha longa traxectoria de boas actuacións e que o vindeiro 3 de xaneiro vai dar a "badalada" con 3 días de retraso. Porque nada máis e nada menos que Marky Ramone, o "último" integrante dos Ramones, vai actuar na cervexería Dublín.
Supoñemos que "The Ramones" non precisan presentación. Para moitos, a mellor banda de punk-rock da historia, e para algúns case unha forma de vida. Case mellor que botedes unha ollada na rede se queredes profundizar: http://es.wikipedia.org/wiki/The_Ramones
Certo que a banda se retirou hai moito tempo, que Johnny, Joey e Dee Dee teñen falecido, que Marky non é por si mesmo "The Ramones", e que tampouco foi un membro orixinal do grupo, senón que se incorporou á batería máis tarde. Pero aínda que só sexa por ver de preto a unha parte da lenda, xa paga a pena.
Deixámosvos uns enlaces e unha actuación nos Sanfermíns deste ano:
http://es.youtube.com/watch?v=6rORD8Qg9cY
Marky na wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Marky_Ramone
Un blog do seu tour por chile:
http://markyramonetour.blogspot.com/
O seu blog en myspace:
http://www.myspace.com/markyramone
2 Comments:
Que buena noticia, por fin en Carballo musicos de relevancia. Estas cosa no pasaban con el gobierno del PP Varela. Por suerte los tiempos han cambiado. Que bueno sería que trajeran a Marky Ramone para el próximo San Xoan, ¡claro! siempre estarán los críticos que dirán que cómo es posible que algo tan ajeno a los gustos musicales de la mayoría de los carballeses sea el cartel de las fiestas patronales. Pero no importa carballeses, no hagáis caso a los pusilánimes de siempre. El buen gusto también puede ser patimonio de esta villa. Gracias a los empresarios que traen estas cosas y gracias a las autoridades locales que han creado un nuevo clima cultural en Carballo
22/12/07 17:10
"Estas cosa no pasaban con el gobierno del PP Varela."
"...gracias a las autoridades locales que han creado un nuevo clima cultural en Carballo"
Hala chaval, tómate la pastillita de la tarde y rézale 4padrenuestros a San Evencio que hoy todavía no has comulgado ni le has sacado brillo a su estatua. Qué ganas de meter la política en lo que es una iniciativa particular. Claro que estas cosas non pasaban con el gobierno de Varela; porque entre otras cosas, además de construir el Pazo da Cultura, las actuaciones de primera línea las traía el propio Concello. Ah, y con lo del clima cultural es que me descojono. Lo de las fiestas... ¿estás comparando a Marky Ramone con la Mala Rodríguez? ¿En serio?
22/12/07 20:06
Publicar un comentario
<< Home