Iniciativa privada
Moito se comenta en todos os medios de comunicación, e como non tamén en CD, sobre dos proxectos e dos retrasos das obras de iniciativa pública. As infinitas promesas de autovías gratuítas, hospitais comarcais, carrís-bici, portos deportivos, polígonos industriais, parkings subterráneos… enchen páxinas e páxinas de agradecidos xornáis e serven para facer proveitosas campañas de imaxe ós gobernos de turno. Máis en case todos os casos mencionados o resultado é o mesmo: o incumprimento dos prazos, o fracaso dos proxectos, ou mesmo a constatación de que nos teñen tomado o pelo (basta darse un paseo pola rúa do túnel invisible).
Por iso nos agrada especialmente comprobar como, fronte á desilusión pola inoperancia pública, a iniciativa privada toma a alternativa. Carballo sempre foi cidade de emprendedores, e un grupo de empresarios ven de aprobar o proxecto de urbanización dun grande polígono residencial de vivendas unifamiliares en contacto co polígono industrial de Bértoa. E o que é máis importante, esta obra incluirá un vial de 24 m de ancho que conectará no futuro a rotonda do polígono coa estrada de Razo, ademais das demais rúas e das cesións de terreos que se deben facer ó Concello. Todo iso pagado polos promotores da urbanización, e sen tanto bombo e platillo coma o archianunciado parque empresarial de Xestur.
Agardamos que este tipo de iniciativas en materia de urbanismo, sempre e cando por suposto se suxeiten plenamente á legalidade, se extendan por Carballo. Será a mellor e maior garantía de que somos os cidadáns os que construimos a nosa cidade, sen ter que agardar e suxeitarnos á “eficacia” e “xenerosidade” dos nosos munícipes, que normalmente se preocupan máis por subir impostos e apuntarse tantos da iniciativa privada, que por facilitar o seu traballo.
1 Comments:
Chávez era un fascista por non renovar unha licencia de tele a Caracas Televisión.
Agora, o voso amigo, o "demócrata" Francisco Camps, ven de impedir que TV3 emita na Comunidade Valenciana. Viva a transparencia e a liberdade de expresión.
12/12/07 09:00
Publicar un comentario
<< Home