Desaparezamos
Falabamos hai dúas semanas da esquizofrenia económica en que vivimos na Costa da Morte. Esa disxuntiva na que se insiste na necesidade de atraer inversións e crear tecido industrial, e ó mesmo tempo se defende un conservacionismo case que integrista que impide tocar case que calquera recuncho na nosa xeografía.
Por iso nos chama moito a atención esta nova que atopamos en “El País” e que para moitos sería a decisión idónea para desterrar definitivamente calquera tipo de problema. Desaparezamos dos mapas, eliminemos as nosas vilas e aldeas dos GPS, convirtámonos en pantasmas, no último lugar inexplorado do planeta, vivamos das intrépidas expedicións da National Geographic. Seremos os sherpas, calzados con zocos e abrigados con pel de raposo, que levaremos ós alegres excursionistas a descubrir o faro de Fisterra ou os percebes do Roncudo. ¿Non sería idílico? En pura sintonía co parque temático que hai un tempo propoñía Manuel Rivas, entre outros.
Porque esa é en gran parte a pregunta á que temos que respostar: se queremos iso, ou queremos formar parte plena dese mundo desastrado da civilización. Nós pola nosa parte temos a resposta clara, e sospeitamos que o 90% dos habitantes das nosas comarcas tamén. Aínda que a bo seguro que entre os intelectuais urbanitas o estímulo do desconocido resulta moi romántico… para pasar a fin de semana e volver ó luns ó seu piso con calefacción en Juan Florez.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home