BNG loves Maleni
Pois mira ti por onde, as voltas que da a vida. Os grandes defensores “da Galiza” fronte ás aldraxes españolas, mexan por nós e temos que dicir que chove, ¡Nunca Máis!, non queremos esmolas queremos xustiza, o Plan Galicia non é Plan, etc, etc, etc; ou o que é o mesmo, o Bloque Nacionalista Galego, ven de evitar a destitución da ministra de Fomento máis antipática e que máis rexeitamento ten provocado en Galicia na historia.
Onte, no congreso dos deputados, e no medio dun monumental escándalo, os votos do PNV, de dous tránsfugas (de CC e PP) e do BNG, impediron que se cesara a Magdalena Álvarez, a inesquecible autora da frase “Plan Galicia de m…”, e a mesma que ven castigando á nosa comunidade co incumprimento dos compromisos do Estado coa nosa terra.
Din no Bloque que todo foi a cambio de transferencias e outras dádibas. Pois xa nolas poden ir explicando ben clariñas, porque do contrario todos temos a sensación de os que presumen de “facer país”, o que realmente queren é “facerse co país”, e para iso acordan con quen sexa e ó prezo que sexa. Así que a próxima vez que don Carlos Aymerich se asome polas nosas comarcas a denunciar a marxinación da Costa de Morte e reclamar infraestructuras, haberá un par de preguntiñas que facerlle.
(Por certo, impagable o vídeo, que atopamos en Periodista Digital)
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home