Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, noviembre 26, 2007

Carballo sae a relucir


Continúa o éxito de Róber Bodegas en “El rey de la comedia”. O peculiar servizo de buses universitarios na Coruña centrou o cuarto monólogo do noso veciño, e serviulle para ganarse de novo o aplauso do público e do xurado. Desta volta foi nada menos que o Gran Wyoming o encargado de dicir que “el próximo rey de la comedia puede ser… (silencio dramático)… Róber Bodegas”. Un dato importante, logo da nosa petición da semana pasada, Edu Soto voltou presentar ó artista coma chegado da Coruña, mais nunha breve intervención previa, o propio Róber mencionou a nosa vila ó explicar cómo leva esto da fama polas rúas de Carballo. A ver se en vindeiras semanas nos pode contar algo das súas peripecias pola capital de Bergantiños.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner