Sorrille á camara :)
Agora que estamos tan contentos coa autoestrada gratuita Coruña-Carballo (conseguida polo goberno bipartito cumplindo as súas promesas electorais), enterámonos doutra boa noticia: no primeiro trimestre do ano que ven vannos poñer radares de tramo. Xa vedes, o noso goberno sempre na avangarda.
Os radares de tramo consisten na instalación de 2 cámaras equipadas con OCR (recoñecemento óptico de caracteres) e un reloxio, separadas varios kilómetros entre sí. Cando un coche pasa polo primeiro control, a cámara recoñece a matrícula e envía o dato ó centro de control de tráfico. Ó cabo de varios kilómetros, o coche pasa por diante da segunda cámara, que tamén envía a hora de paso ó centro de control. As dúas cámaras están conectadas a un programa informático situado no centro de xestión de tráfico que calcula o tempo de percorrido de cada vehículo e a velocidade media empregada. Se a media de velocidade no tramo supera o límite permitido, sabemos que o vehículo en cuestión infrinxiu a lei como mínimo nalgún punto dese tramo, e será sancionado por exceso de velocidade.
O único problema que ten hoxe este sistema é o marco xurídico. A lei esixe que ó impoñer unha sanción por exceso de velocidade se indique o punto kilométrico. Pero para un tipo tan listo como Pere Navarro (ese que nos psicoanalizou con tanto acerto: "los gallegos tienen un problema psicológico que les impide ver que, pese a todo, la siniestralidad se reduce también en esta comunidad autónoma") esto non vai supoñer un problema. Só será necesario reformar a lexislación actual. Se é capaz de meter conductores no cárcere, ¿non vai ser capaz de cambiar o Regulamento de Circulación?
¿E onde se van poñer os radares?, preguntarédesvos. Pois no tramo máis perigoso, como é natural.
Os kilómetros máis perigosos da autoestrada Coruña-Carballo, como todo o mundo sabe, son os do tramo que vai da Laracha a Carballo, e seguramente por iso as autoridades escolleron ese tramo para instalar os radares. A decisión parécenos lóxica, xa que non tería ningún sentido instalar radares na recta de 7 km. que vai desde A Coruña a Paiosaco, xa que nese tramo nunca, repito nunca, se producen accidentes (as marcas que aparecen na mediana son debidas ás gamberradas dos empregados do servizo de mantemento da autoestrada, que, como non teñen que facer debido ó bo estado da vía, xa que non hai nin unha sola zona de verdín e o firme é perfecto, entretéñense pintando na mediana).
Gústanos moito a idea, máis que nada porque, acostumados a ir a 180 km/h por esas interminables rectas, xa non poderemos pasar de 120. Para os que queiran algo máis de velocidade, quédalles a alternativa da estrada de toda a vida, AC-552, que está totalmente desconxestionada, e coas isletas que lle pintaron (e que tan bonitas lle quedan) chégase nun periquete.
Que ninguén busque afán recadatorio nesta medida. Non é eso o que buscan os nosos amados gobernantes que tanto miran por nós. A súa aspiración é que contemos cos mellores adelantos técnicos nesta esquina perdida do Finisterre. Basta ver as importantes inversións en estradas que acometen tódolos anos na Costa da Morte.
ACTUALIZACIÓN:
Envíanos Calaf este comentario e este enlace:
Al hilo de la noticia que publican, justamente acaba Antena 3 de emitir este vídeo:
El director de la Dirección General de Tráfico, Pere Navarro, ha sido sorprendido in fraganti por las cámaras viajando en su coche oficial a casi 30 kilómetros por hora por encima del límite. La infracción le habría costado seis puntos del carnet y más de 1.000 euros...
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home