A patinar!
No que xa se está a converter nunha tradición de Nadal, Creativa Dixital ven de colocar en Carballo unha pista de xeo desmontable. Desta volta, o lugar escollido ten sido o aparcamento do centro comercial Haley (semella que no polideportivo as humidades causaban problemas).
Este sábado foi a inauguración coa asistencia de autoridades e representantes das empresas organizadores e patrocinadoras, e ata despois da festividade de Reis poderemos desfrutar da experiencia. De dez a dúas da tarde, e de catro a nove da noite, e de luns a domingo (boa idea a das fins de semana) estarán abertas as instalacións, cun coste de 3 € cada 45 minitos. E sen non tedes patíns, non vos preocupar que volos alquilan.
De modo que isto non vai ser a praza de Rockefeller de Nova Iorque, pero salvando as distancias habémolo pasar case igual de ben.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home