A mellor feira

Autores coma Fernando Cabeza Quiles, Rafael Lema, Margarita Barral, Alberto Lema ou Pilar García Negro tomarán parte nunha celebración que comezará co pregón musical “dramatizado” de Lino Braxe e que terá actuacións musiciais de Nordestin@s e Brath 22. Entre os actos tamén poderemos ver participando ó noso veciño Santiago Pazos.
Coma goberna quen goberna e o sectarismo non é fácil de curar, tamén teremos a tradicional sesión de adoctrinamento coa participación de Camilo Nogueira para falar das súas obras “Galiza na unión” e “Europa, o continente pensado”. Todo moi literario. Co aplauso que sempre merecen as feiras dos libros e co desexo de que algún ano se desvinculen definitivamente da política, recomendámosvos especialmente asistir.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home