Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, julio 29, 2008

Invencible


Xai hai un tempo que fixeramos notar a discrepancia existente entre a concellería de Educación de Carballo (BNG) e a Consellería de Educación de Galicia (PSOE) no tocante ós terreos do colexio Bergantiños. Namentres que os mandatarios locais aseguraban ter todo atado e comprometido para construir neles unha nova gardería que adoptaría o formato das galescolas de Quintana, os mandatarios autonómicos estaban a estudar unha posible ampliación das actuais instalacións que Evencio Ferrero rexeitaba, pois apostaba pola construcción dun novo edificio. A indefinición da Xunta provocaba, segundo a versión oficial, a falta de desafectación dos terreos e o retraso da gardería.

Pois ben, o dilema ven de dirimirse coa aparente derrota local, porque a Delegación de Educación ven de anunciar que vai ampliar o Bergantiños para responder á demanda de educación primaria en Carballo (que se prevé nuns 200 rapaces), probablemente cun novo edificio independente do existente pero dentro do mesmo recinto. Unha boa noticia a priori, que agardamos se faga realidade axiña porque en efecto o problema do ensino se ten tornado nunha das nosas maiores preocupacións. Mais unha noticia que trae un reverso negativo, porque sempre segundo as informacións que se teñen publicado, esta ampliación imposibilitaría ou dificultaria a construcción da gardería, que xa acumula varios anos de espera.

E no noso afán de mirar sempre debaixo da corteza informativa chámanos terriblemente a atención cómo se ten enfocado a noticia na prensa local. Nin unha soa referencia ó proxecto da galescola que cabe supoñer se atopa agora cun grave obstáculo, e un aparente acordo total e éxito das dúas administracións, sen mención algunha ás diferenzas de parecer que existían en canto ó destino dos terreos do colexio Bergantiños. Polo que semella, o equipo de Ferrero ou non perde nunca, ou non pode perder, ou se perde deberá parecer que gaña.



Etiquetas:

4 Comments:

Anonymous Calaf said...

Una pregunta. Creo que este fin de semana los funcionarios iban a sacar una nota sobre los problemas que tienen con el Concello, pero en la Voz no salió nada y me han dicho que en el Diario sí. ¿Es verdad? ¿Por qué no salió en la Voz? ¿Se sabe qué decían?

30/7/08 13:07

 
Anonymous El último Boy Scout said...

ACOJONANTE, amigos, ACOJONANTE ACOJONANTE (con perdón) lo que acabo de oir en Radiovoz. Todavía no me lo creo y la vergüenza ajena que me da.

Resulta que está el alcalde en el panegírico que le hacen cada 15 días en RadioEvencio. Estaban dándose golpes en le pecho porque Carballo ha entrado en la red de galescolas y así será todo mucho mejor y tal y cual. Y va el locutor y le traslada una pregunta de una oyente sobre las galescolas, que si son sólo en gallego cómo puede ella conseguir que a su hijo lo eduquen en dos idiomas.

Y el alcalde empieza a balbucear. Que bueno, que por aquí, que por allí, que en realidade non é un solo idioma, é coma na primaria (mentira por cierto), sin saber por donde salir. Y al final razona que claro, en Carballo la mayoría de chavales habla en gallego (¿habrá hecho alguna encuesta? Porque creo que no vivo en el mismo pueblo) y que hay que respetar a la mayoría, y que si alguien, por ideoloxía ou o que sexa, non respecta a maioría (así, textualmente), pois ten outras opcións privadas. Queda claro.

Pero lo mejor viene ahora porque el locutor, a quien por cierto se le nota que el gallego no es su lengua habitual, en lugar de pasar a otro asunto, va y le remacha el discurso al alcalde diciendo que "non debemos entrar nesa polémica", que "o galego merece un pulo ou un empurrón", que en Carballo "por sorte, o galego é a lingua maioritaria" y que "un castelán falante non deberá ter problema". ACOJONANTE. Todavía estoy colorado.

31/7/08 10:57

 
Anonymous Anónimo said...

Sobre da primeira pregunta. ¿e para qué van enviar unha nota á Voz, para que lla pasen primeiro a Evencio e mire se lle gusta e, se non, a redacte doutra maneira? Para eso millor que solo lla manden ao Ideal Gallego, onde eu sí a vín. E non lle chamaban bonito ao Alcalde.
Teño amigos que traballan no Concello que me dixeron que aquelo é un polvorín a punto de explotar, así que, tarde ou temprano, saberemos o que pasa.

Viva a imparcialidade da Voz!!

1/8/08 00:32

 
Anonymous Calaf said...

Gracias por la información. Hoy ya sale algo más en la prensa. La verdad es que visto así, si lo que hicieron fue pasar de la Voz para que no les haga la puñeta, pues no está mal pensado.

1/8/08 11:28

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner