Crise en TEGA
A noticia abordábaa hai uns días A Nosa Costa. A formación Terra Galega, un partido político nacido por agregación de persoeiros de moi distinta orixe e condición co nexo común de atoparse fóra dos 3 grandes partidos galegos, está a atravesar por momentos de conflicto interno. Ó parecer existen dúas personas que destacan polo seu peso específico, Pablo Padín e mailo alcalde de Narón Xoán Gato, que manteñen claras diferenzas en canto ó fondo e a forma de conducir a nave "centro-galeguista" de cara ás próximas eleccións autonómicas.
¿En qué nos atañe esto a nós? Pois na influencia que este debate pode ter no futuro do político máis veterano e singular da nosa cidade, Manuel Andrade. Polo pronto infórmanos a web que dirixe Xosé Manuel Lema, que tanto o carballés coma o fisterrán Xan García Pouso veñen de apoiar cun manifesto público a Gato como o mellor líder para a formación.
Agora ben, tamén nos chegan rumores confidenciais de que Andrade ten sondeado a posibilidade da súa proxección autonómica. Non en van, Carballo pasaba por ser unha praza forte de TEGA e moitos dos seus actos principais se teñen desenvolvido na capital de Bergantiños. Sen embargo, a perda de poder das últimas eleccións semella que teñen diminuido notablemente a influencia de Andrade, que hoxe non aparece en ningunha das quinielas nin entre os moitos nomes que, coma o líder do PG Carlos Marcos ou o ex-PP Rodríguez Corcoba, alimentan o ruxe-ruxe de Terra Galega. Contrariamente ó que algúns podesen pensar, a saída do goberno local de Andrade non só non o acerca a saír da política carballesa, senón que o condena a continuar nela. Temos Andrade para longo.
Etiquetas: Andrade TEGA
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home