Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, diciembre 15, 2008

Continúan as reaccións ó Plan da Consellería de Vivenda


Falabamos diso no noso anterior post e as reaccións ó Plan Sectorial de Vivenda do BNG non paran de producirse, e con novidades importantes.

Seguindo coa situación doutros concellos, os veciños de Cambre veñen de sumarse ós de Arteixo na súa solicitude de abandoar o proxecto estrela de Táboas e Quintana, mentres que en Lugo (tamén PSOE) as augas baixan turbias e complicadas, e a recente visita do delegado na materia non rematou precisamente con palabras cordiais.

Así as cousas, o pasado venres o PP de Carballo ampliaba información en rolda de prensa. Concretamente o principal grupo da oposición poñía cifras enriba da mesa para denunciar o que consideran unha política expropiatoria: o Plan Sectorial contempla pagar 49,18 € por metro cadro de solo expropiado (60 € por metro cadrado no caso das vivendas que xa existen no sector, que habería que demoler expulsando ós seus propietarios). Un prezo ridículo en comparación co que estas parcelas valen no mercado, e que xa ten provocado a protesta cando menos dun dos propietarios afectados, que nas páxinas do Diario de Bergantiños tiña palabras moi duras para o goberno. Sobre todo se temos en conta que ademais a Xunta non vai proceder a construir vivendas de protección, senón solamente a urbanizar o solo para logo vendelo a promotores privados, aspecto que segundo este afectado convirte á Administración autonómica nun especulador urbanístico.

Por se iso fora pouco o PP facía tamén referencia ó escandaloso antecedente do polígono industrial de Bértoa, onde -coa mediación do alcalde- se lles ofrecía coma prezo de expropiación ós propietarios un valor moi baixo, que moitos deles aceptaron. Mentres, aqueles que non se fiaron do alcalde e presentaron recurso, acabaron por conseguir cantidades que multiplicaban por tres a oferta inicial da Xunta.

Vendo cómo se están a poñer as cousas, non dubidamos en que pronto serán moitos os propietarios do entorno da Vila de Negreira en levantarse ante esta inxustiza. E por outra banda preguntámonos, ¿cómo é que o señor Viña (PSOE) non segue o exemplo dos seus compañeiros de partido noutros concellos? E xa que no goberno a ninguén lle importan os seus veciños, e só os intereses dos seus partidos, ¿a qué espera o PP para ofrecer máis e mellor información ós afectados?



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Yo he visto parte de este Plan y es una auténtica TOMADURA DE PELO.

Su viabilidad económica es un puro cuento chino. Para justificar la inversión simplemente lo que hacen es no pagar prácticamente nada por los terrenos (puro comunismo camuflado), estimar muy a lo bruto un coste de urbanización (que nadie espere detalles ni cálculos sesudos), y dar por supuesto que llegado el momento van vender todos los solares resultantes a un precio que se sacan de la manga para que los números cuadren.

En resumen, una chapuza monumental para presentarse a la elecciones con algo, porque la gestión de la sra. Táboas ha sido calamitosa. Primero nos habló de usar madera para abaratar precios, y no se volvió a saber más, luego de viviendas prefabricadas, y no se volvió a saber más. Solo sabemos que esa consellería existe porque se gasta millonadas en anuncios de prensa. Doña Teresa se cree muy lista porque es arquitecta, pero una cosa es diseñar edificios y otra muy distinta la política de vivienda.

Personalmente, no creo que este plan se llegue a llevar cabo jamás, pasadas las elecciones nadie se acordará de él. Y si se intenta fracasará estrepitosamente como no puede ser de otra manera, se arruinará a muchos propietarios, se deshauciará a gente inocente, y no se venderán los solares porque a los promotores no les interesará comprarlos, como de hecho ya está sucediendo en procesos similares en otros lugares de Galicia (véase Ferrol). Pero solamente con que se apruebe el plan, a los propietarios ya los habrán hundido en la miseria para siempre, porque ¿quién va a comprar ahora unos terrenos cuyo destino es ser expropiado por 4 perras? Si los dueños no se han levantado en armas todavía es porque no saben lo que está pasando o porque creen en las personas equivocadas.

16/12/08 12:17

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner