Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, diciembre 02, 2008

Sofán, sitio distinto


Igual que lle sucedía a aquela república que gobernaba o jalifa Antón Reixa na TVG haberá cousa de 15 anos, Sofán é un sitio distinto. Hoxe nos micrófonos de Radiovoz o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, saía ó paso das polémicas desta fin de semana para deixar clara a súa postura, entre elas por suposto, as contraversias do Galopín-gate.

En primeiro lugar Ferrero tentaba explicar a sentencia xudicial que, segundo anunciara o domingo o Partido Popular, ven de dar a razón á oposición e anular o procedemento que se seguiu para contratar a un arquitecto por parte do Concello. Ocasión para lucir a famosa labia do primeiro edil, capaz de convecer á audiencia de que en realidade a sentencia lle é favorable en todo, agás nalgún pequeno detalle opinable que haberá que recorrer.

E nunha segunda parte, tocáballe o turno á polémica estelar das últimas xornadas, as condicións de calidade e seguridade dos parques infantís de Carballo, singularmente o do centro social de Sofán. Neste apartado Evencio deixou claro que para él o caucho é un elemento totalmente seguro, pero que nesta parroquia se elexira area como pavimento simplemente porque nese caso se "considerou máis conveniente", sin que "teña sentido" entrar en maiores consideracións nin prolongar o debate. E punto. Pero ¿por qué en Sofán é conveniente a area e no resto do concello é conveniente o caucho? Pois se o alcalde no quere explicalo, só nos queda unha resposta: Sofán é sitio distinto.



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

EN DUAS PALABRAS: ACO-JONANTE
¡Manda carallo co alcalde!
Escoiteino onte na radio e non o podía crer
pensei que toleara pero agora estadesme dando a razón.
O da sentenza condenatoria pola praza de asesor urbanístico só é opinable na cabeciña do noso alcalde, que facendo o tonto como fai non lle vai tan mal.
Señor Evencio ¿de verdade pensa que somos todos tontos ou é vostede tan inorante que non distingue se unha sentenza lle da a razón ouo lla quita?
Do tema do caucho, xa é de coña. Supoño que terá medo de que agora se lle esixa colocar area nos parques de Carballo city e Razo, onde non se lles ocorreu facer un "sitio distinto" coma sí fixeron en Sofán.
Desde Troián, con tódolos meus respectos máis sin cara de parvo.

3/12/08 13:09

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner